A gráfica do coronavirus en Galicia volve repuntar en novos casos pero as UCIS seguen tomando aire


O número de pacientes nas UCIs do SERGAS segue baixando. Os de hoxe son só tres menos que os de onte, pero o importante é que encadeamos seis xornadas seguidas de descenso.


|

O número de pacientes nas UCIs do SERGAS segue baixando. Os de hoxe son só tres menos que os de onte, pero o importante é que encadeamos seis xornadas seguidas de descenso.


Salvo un sorpresivo -pero non descartable- repunte, as unidades de coidados intesivos galegas poden respirar con alivio. Os 155 ingresados que figuran nos datos do Ministerio deste xoves representan o 56% aproximadamente de 274 prazas que di ter o SERGAS. Nos peores momentos chegaron a representar sobre o 70%.





Galicia esquivará así o colapso das UCIs, traxedia que sufriu Wuhan, Madrid e agora rolda Cataluña, Nova York e outras cidades. Unha gran noticia no medio deste drama.


As UCIs esquivarán o colapso se non se produce un rebrote, claro. Nos dous últimos días as cifras de novos casos diarios subiron, aínda que con moderación. Os 220 novos casos de hoxe (datos  oficiais do Ministerio de Sanidade, que lamentablemente seguirán sen coincidir cos da Xunta) están lonxe dos 300-500 da semana pasada.




Hai que ter en conta que seguen descubríndose novos brotes locais de consideración, sobre todo en residencias. Por exemplo desde o último sábado a Asociación Amicos do Barbanza rexistra máis de 30 casos, entre técnicos dos seus centros de Boiro e Ribeira  e as persoas con discapacidade intelectual que coidan.


Mentres sigan aparecendo brotes así, Galicia terá complicado baixar rápido os seus datos de novos casos. De feito, será imposible poder celebrar que a pandemia está totalmente controlada.


En todo caso, a desacelaración do COVID-19 déixase notar mesmo na gráfica que computa o volume total de casos desde o inicio da crise sanitaria:





Mentres a gráfica logarítmica de novos casos siga sen repuntar, pódese considerar que non hai cambio de tendencias. Por agora, continúa aplanándose, moi lentamente, pero aplanándose tanto en España, Madrid e Galicia:




Os novos casos diarios en toda España están a niveis de fai unhas dúas semanas. Parece pois que o pico de contagios está superado, pero o descenso de positivos non será tan vertixinoso como o terrible ascenso de marzo. Algo que por certo parécese moito ao que pasa en Italia, de feito a gráficas española e trasalpina aseméllanse moito:




Os italianos padeceron dous repuntes moderados desde que alcanzaron o cenit:



Os MORTOS SON O MELLOR INDICADOR, PERO NON SE ESTÁN CONTANDO BEN

En teoría o indicador máis fiable é o número de falecidos. Mostra a realidade da epidemia con varias semanas de atraso, porque os síntomas aparecen de media entre 4-6 días despois do contaxio e os falecementos tenden a producirse semanas despois do ingreso nos hospitais.


Tanto a gráfica de mortes diarias de España apuntan a que o peor xa pasou, aínda que o descenso tamén parece que será máis paulatino que o terrible ascenso:




O mércores contáronse 683 mortes en España, en teoría. 


O mércores contáronse 18 mortes en Galicia, en teoría.




En teoría, porque os datos de mortos en Galicia, e polo tanto en España,  son mentira.


Non teñen en conta os falecidos en residencias galegas. A Xunta non llos remite a Moncloa, ou Moncloa méteos nun caixón aparte. 


É por iso que as cifras oficiais do Ministerio de hoxe dan para Galicia 231 mortos e xa onte a Xunta contaba 278, ao sumar por vez primeira o Goberno Galego os falecidos en hospitais cos mortos en residencias


Ata onte a Xunta tampouco sumaba falecidos de hospitais e de residencias, así que non había ningunha fonte oficial que contase toda a verdade sobre a mortalidade real en Galicia. Un erro -intencionado ou non- que menoscaba a confianza dos medios e da cidadanía nas autoridades santiarias.


Onde a epidemia parece estar desbocada é en Estados Unidos. O ritmo de mortos creceu ata case dous mil ao día durante as dúas últimas xornadas.




Tamén no Reino Unido a cifra de falecidos segue escalando de maneira moi preocupante. De non frearse, pronto superará os 1.000 ao día:






Um

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE