Menos pacientes en UCIs galegas por primeira vez pero varias crises en residencias cuestionan as cifras oficiais

Hai ducias de anciáns galegos, poida que centos, enfermos de coronavirus que non figuran nos datos oficiais. Cada vez que a Xunta fai test a todos os residentes de certos centros, o salto na estatística de positivos é evidente e desolador. Se non fose porque non sabemos cantas residencias poden estar a pasar por dramas así, coas cifras publicadas este domingo, poderiamos aventurar que o peor do coronavirus en Galicia xa pasou, ou está preto de pasar.A lóxica pon en cuestión a fiabilidade dos datos de positivos en Galicia.


|

Hai ducias de anciáns galegos, poida que centos, enfermos de coronavirus que non figuran nos datos oficiais. Cada vez que a Xunta fai test a todos os residentes de certos centros, o salto na estatística de positivos é evidente e desolador. 

Se non fose porque non sabemos cantas residencias poden estar a pasar por dramas así, coas cifras publicadas este domingo, poderiamos aventurar que o peor do coronavirus en Galicia xa pasou, ou está preto de pasar.


FACER PROBAS NUNHA RESIDENCIA BASTA PARA DISPARAR A GRÁFICA DESA ÁREA 


A lóxica pon en cuestión a fiabilidade dos datos de positivos en Galicia.


Cando o luns 30 de marzo o SERGAS por fin fixo a proba e publicou os datos de todos os anciáns de DomusVi Cangas, apareceron máis de 100 casos nun só día.


Cando este venres a Xunta fixo o mesmo en A nosa Señora da Esperanza de Ourense, saltaron 81 positivos nunha sóla xornada


O gran  impacto destas análises exhaustivas en certas residencias  salta á vista na gráfica de positivos por áreas sanitarias:




Vendo eses saltos,  a inquietante pregunta que xorde é ata onde se dispararía a gráfica se a Xunta fixese tests a todos os anciáns en residencias?


En todo caso, no referido á evolución diaria de positivos de coronavirus en Galicia os 319 de hoxe son  un dato esperanzador. É a mellor cifra desde o luns e a segunda mellor desde o 24 de marzo.





Os datos oficiais do ministerio deste domingo cifran en 170 as galegas e galegos ingresadas na UCI a día de hoxe. Unha gran noticia sen dúbida. Está por ver, en todo caso, ata que punto débese a os  moitos falecementos das últimas horas ou ata que punto débese á mellora de  algúns enfermos.


Hai que ter en conta, ademais, que os grandes depedientes coidados nas residencias ás veces nunca llos ingresa nas UCIs ,nin nas plantas dos hospitais. Unha práctica xeriátrica habitual xa antes desta crise.


Por iso, tanto os números de ingresados en coidados intensivos como os números de hospitalizados poden non reflectir toda a realidade. En todo caso, esta é a esperanzadora gráfica de galegos en UCIs por coronavirus:




A gráfica logarítima de novos casos parece aplanarse sobre todo en Madrid, confirmaríao a desaceleración:




Desacelaración que tamén se ve na gráfica de variación relativa de casos dos coronavirus en Galicia. A pesar das probas masivas en varias residencias de anciáns, apréciase unha caída do procentaje diario:





A gráfica de datos absolutos indica que hai 5994 casos confirmados en Galicia desde o inicio da epidemia, segundo o Ministerio. Hai que ter en conta que Madrid conta todos os positivos rexistrados, mentres a Consellería de Sanidade conta só os casos activos  (os falecidos e os curados os conta a parte).


Hai que ter en conta que son 798 os positivos que a Xunta conta en residencias, entre persoas maiores e traballadores. Son un 14% aproximadamente do total. 




Ata o de agora en Galicia hai 174 falecidos segundo as contas do Ministerio. 34 son persoas que vivían en residencias, case o 20% das vítimas.






A nivel estatal, parece confirmado que a curva se está dobregando. Os do domingo son os mellores datos de novos casos nos últimos doce días:




Tamén son as mellores cifras de falecidos no últimos nove días. Se pode haber algo posivito nos máis de 12.000 falecidos que suma o Estado, claro:




A nivel internacional, Estados Unidos -e poida que Francia- parecen condenados a superar a cifra de falecidos de España e Italia:





Iz1Dg pacientes de coronavirus ingresados en ucis de galicia (1)







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE