Tiktokers galegos súmanse a 'Conquistemos TikTok!' para normalizar o galego na rede social

As plataformas 'Iniciativa Instagram en galego' e 'Iniciativa TikTok en galego' puxeron en marcha o pasado domingo, con motivo do 'Día Internacional dá lingua materna', a campaña 'Conquistemos TikTok!'.


|

As plataformas 'Iniciativa Instagram en galego', 'Iniciativa Twitter en galego' e 'Iniciativa TikTok en galego' puxeron en marcha o pasado domingo, con motivo do 'Día Internacional da lingua materna', a campaña 'Conquistemos TikTok!'.


O obxectivo dos colectivos é que o galego forme parte desta rede social, que recentemente foi noticia por vetar unha campaña da Xunta de Galicia.


Tiktokengalego

Tiktokers galegos | Foto: Iniciativa TikTok en galego


De feito, o bloqueo da campaña da Xunta #ACulturaSegue provocou fortes críticas do Goberno de Galicia á compañía chinesa, á que acusou de contar cunha “política lingüística obsoleta”. O problema é que TikTok “só recoñece unha lingua oficial por territorio”.


A eliminación da campaña, dirixida ao público novo para apoiar a cultura en galego nun momento de crise como este, espertou o malestar da Xunta. "Trasladámoslles xa dúas comunicacións oficiais, por carta, pedíndolles que reconsideren a negativa para publicar o vídeo, pero non obtivemos aínda ningunha resposta”, admitiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.


A CAMPAÑA CHEGA A MILLÓNS DE USUARIOS

Neste contexto, as organizacións lanzaron esta campaña que estará presente toda a semana. Coñecidos tiktokers de Galicia solidarizáronse coa campaña, chegando así a millóns de usuarios.


Carlos Vieito, activisa dixital, promove este proxecto coa colaboración de A Mesa pola Normalización Lingüística, que xa advertiu hai días de que tramitará unha queixa en 'A liña do galego' por este caso.


Horizontal tiktokgl

Campaña 'TikTok en galego' | Foto: Iniciativa TikTok en galego


Do mesmo xeito, os organizadores instan á Xunta a realizar todas as medidas necesarias para acabar con este discriminación lingüística e evitar que ese caso sexa “unha mera anécdota”.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE