"As condicións nas que traballamos, os despachos e as salas de descanso asignadas para cada servizo non cumpren nin se aproximan ás recomendacións indicadas polas autoridades sanitarias"
Alvariño releva no cargo a Alberto Sánchez, que será agora o responsable da nova Dirección de Transformación de Viaqua.
A postura dos conservadores galegos é clave. Impoñer o novo gravame é competencia da Xunta, que teme que prexudique ao Xacobeo, a súa gran aposta económica.
Santiago de Compostela recibiu este ano moitísimos turistas, chegando s ser a ocupación hostaleira de case o 90% en agosto e case do 70% en setembro, por exemplo.
A poucos días dunha nova protesta nas rúas de Santiago de Compostela para denunciar a crise da sanidade pública galega, Galiciapress charla con Vanessa Viquendi, portavoz da plataforma 'Pediatras e matronas Xa', nacida na Costa da Morte pero con socios en toda Galicia, que cunha peregrinación simbólica exemplifican os desprazamentos quilométricos de moitas familias para recibir atención pediátrica pola asuencia de matronas e especialistas nos centros de saúde.
As obras nunha de varias rúas do principal polígono comercial e industral da capital galega está a provocar grandes retencións de tráfico.Os atascos prometen ser unha constante durante as próximas semanas, algo que afectará especialemente a traballadores e compradores, coa campaña do Nadal ao virar a esquina.Un pasado atasco na entrada ao Polígono do Tambre nunha foto de arquivo de Veciños Compostela Norte Twitter Como vén sendo habitual desde hai uns días, esta mañá Santiago de Compostela amenceu con embotellamento sde coches que se dirixían ao polígono do Tambre e do veciño polígono comercial de Costa Vella, motores económicos da capital galega e que a diario reciben a traballadores e consumidores procedentes de todos os puntos de Galicia.Onte e hoxe moitos chegaron tarde a fichar por culpa das retencións provocadas polas obras de asfaltado da Vía Edison, onde se traballa para mellorar o firme nun dos carrís que dá acceso ao Tambre. PROBLEMAS EN CONCHEIROS E VISTALEGREA as 9 horas as colas eran kilométircas na vía principal de acceso ás áreas industriais.
A auga, un elemento crítico para calquera estado do benestar que se prece, corre o risco de ser operada en España por fondos especulativos como EQT Partners cuxo obxectivo é conseguir grandes rendibilidades a curto prazo sen compromiso social nin ambiental nestes tempos de loita contra o cambio climático.
Ademais do malestar coas varandas en mal estado, as papeleiras e os cables nas fachadas, o enfado veciñal aliméntase da suposta falta de diálogo do político, que Fernández nega.
O Consorcio de Santiago repasa case un século de vida do Café Derby de Santiago coa exposición 'Memorias do Café Derby (1929-2020)'.
Ángel Simón Grimaldos, presidente do Agbar, matriz da galega Viaqua, é o responsable do Grupo Suez para a Península e América Latina. Por tanto, é unha das voces máis autorizadas do sector. Defensor da colaboración público-privada, está seguro que a reconstrución da economía post pandemia -que agora chega nun momento clave coa próxima repartición dos fondos Next Generation- debe ser verde, solidaria e con emprego de calidade.