Luces para iluminar as tendas de Concheiros - San Pedro en protesta polas eternas obras
A Concellería de Obras de Javier Fernández ten previsto acabar en xaneiro, despois do Nadal, uns labores que debían estar listas para o Xacobeo 2021.O presidente do colectivo Suso Fernández declarou a Cope que coas velas queren facer un metáfora da "defunción".
A Asociación de Comerciantes de San Pedro lanza unha curiosa acción ao fío do atraso das obras no popular barrio de Santiago de Compostela. O día 23 apagarán as luces dos seus establecementos e tendas.
Obras de Concheiros no Bario de San Pedro nunha foto de Mon Villar Twitter
Así, cun apagamento de media hora na tarde véspera de Noiteboa, queren denunciar a pobre iluminación da rúa, en gran medida polos traballos de remodelación. A Concellería de Obras de Javier Fernández ten previsto acabar en xaneiro, despois do Nadal, uns labores que debían estar listas para o Xacobeo 2021.
O presidente do colectivo Suso Fernández declarou a Cope que coas velas queren facer un metáfora da "defunción". E é que as tendas da vía de entrada do Camiño de Santiago soportan varios anos moi complicados. Ademais do covid-19, teñen que lidar coa "dobre pandemia" dunhas obras que dificultan a mobilidade e provocan caídas entre os viandantes.
Escribe o teu comentario