O Consello Galego de Colexios Médicos adheriuse á petición do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (CGCOM) para a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias ante o Ministerio de Sanidade.
A Consellería de Sanidade colaborará coa Federación Autismo Galicia en mecanismos de sensibilización social e mellora na accesibilidade cognitiva dirixido a persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
A última actualización do Servizo Galego de Saúde destaca por moitas cousas, pero talvez os nove decesos engadidos á macabra conta de falecidos desde o inicio da crise sanitaria sexa o máis alarmante esta xornada. Se os sumamos aos 16 notificados onte, en só dous días, perderon a vida 25 persoas por Covid-19. E estes son, claro, os mortos "recoñecidos" polo SERGAS, xa que cabe lembrar o proceso de cambio no modelo de cálculo. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con Covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave. Desta maneira, queda por completo á interpretación duns e outros que entendemos por "papel crave".
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o novo Estatuto Marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, aprobado o martes no Consello de Ministros co obxectivo de impedir que os sanitarios poidan estar a traballar máis de tres anos con contrato de interinidade sen ser funcionario, así como facer fixos a ata 67.300 profesionais en España, e que entrará en vigor este xoves 7 de xullo.
Subliña que "estaban asinados na Mesa Sectorial e publicados no DOG" para pagar a "actividade máis penosa" no Sergas
Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, soben a 26 os pacientes en UCI pola Covid-19 en Galicia -cinco máis- e a 643 hospitalizados noutras unidades -44 máis-, mentres que 14.313 atópanse en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana, o venres 24 de xuño, había 473 ingresados, 18 deles en UCI. Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Destacan os incrementos na de Santiago e Barbanza con cinco en UCI -uno menos- pero con 99 noutras unidades -13 máis- e na de Ourense, que rexistra catro en críticos -un máis- e 85 noutras unidades -10 máis-.
A presidenta do Colexio, Alba Soutelo, indicou sobre os galardóns o seguinte: “O obxectivo destes premios é recoñecer o papel que as asociacións de pacientes desempeñan na mellora da calidade de vida de as persoas afectadas, dos seus familiares e dos seus coidadores, e poñer en valor o seu labor para dar a coñecer as necesidades sanitarias do colectivo ao que representan”. Por tanto, os farmacéuticos de Pontevedra valoraron positivamente as iniciativas emprendidas por ASEM Galicia, nas cales priorizaron o servizo directo aos pacientes.
"A xente ingresada, e por falta de habitacións, pásanse ata tres días nun estreito e transitado corredor, á beira duns ascensores, persoas con dores, persoas maiores esperando unha operación" relata unha usuaria.
Practicamente nove de cada dez galegos conta coa pauta de vacinación completa: o 73% dos menores teñen unha dose
A precariedade laboral é algo xa endémico do SERGAS: traballar por días e cobrar por horas, por semanas e non pagar a fin de semana, por meses e ter que ir mes a mes a asinar un contrato dunha vacante, son prácticas diarias na “empresa máis irregular que existe”, que é o SERGAS. O tema da inestabilidade e a non conciliación da vida laboral e familiar, é o pan de cada día!
A lista de todos os centros educativos non universitarios con casos activos de coronavirus remitida hoxe polo SERGAS pode consultarse ao final de esta
A Xunta explica esta mañá as novas medidas adoptadas co SERGAS contra o coronavirus. O máis novo é a adopción de medidas nunca vistas desde a primeira onda nalgúns municipios con "valores especialmente altos".