Os test de saliva para detectar o coronavirus estarán dispoñibles en todas as farmacias de Galicia

Este sistema, que agora se amplía ás provincias de Lugo e Ourense, permitiu realizar 82.000 probas desde febreiro, 177 delas positivas

|

Ás provincias de Pontevedra e A Coruña súmanse agora as de Lugo e Ourense despois do acordo alcanzado o Executivo autonómico.


Ata o de agora, xa se realizaron 82.000 probas deste tipo, cun resultado de só 177 delas positivas. A Xunta recalca as "garantías" destas probas. 


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asina convenios de colaboración cos presidentes dos colexios oficiais de farmacéuticos de Lugo e Ourense, Alejandro Sánchez Pérez-Mel e Santiago Leis Vence, respectivamente.

Acordo das farmacias de Lugo e Ourense coa Xunta | Foto: EP


A Consellería de Sanidade estendeu ás provincias de Lugo e Ourense o acordo para que as oficinas de farmacia realicen test de detección da covid-19 en saliva, polo que este sistema xa se atopa dispoñible en toda Galicia.

Isto foi posible debido a que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asinou esta semana os correspondentes convenios de colaboración cos presidentes dos colexios oficiais de farmacéuticos de Lugo e Ourense, Alejandro Sánchez Pérez-Mel e Santiago Leis Vence, respectivamente.

Ademais, na firma estiveron presentes o secretario xeral técnico da Consellería, Alberto Fuentes Losada, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo.

A través destes convenios, xa activos nas provincias da Coruña e Pontevedra desde febreiro e marzo, inícianse os protocolos previstos para a detección de casos de coronavirus en persoas asintomáticas.

Serán as farmacias as que recollan as mostras de saliva a través dun kit que ofrecerán a cidadáns comprendidos na poboación diana establecida por Sanidade, entre os 12 e os 64 anos.

Posteriormente, as mostras serán remitidas ao laboratorio de microbiología do Servizo Galego de Saúde (Sergas) en Vigo, para a súa análise a través do sistema 'pooling'. O resultado comunicaráselle á persoa particular e, no caso de que sexa positivo, realizaráselle unha proba PCR nasofagíngea.

É un sistema que, segundo asegura Sanidade, conta "con todas as garantías" do Sergas. Desde a súa posta en marcha, realizáronse sobre 82.000 probas, das que 177 resultaron positivas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE