Covid por concellos: a pandemia rebrota en Monforte (+38) e Oleiros (+34), pero cidades como Vigo (-130) melloran


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que as cifras desta xornada son sensiblemente mellores que as de onte, cando todas as cidades experimentaron un repunte de casos. Hoxe só soben Lugo e Ferrol (ambas as +9), pero no seu conxunto mellora a situación nos municipios.


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,98; o que quere dicir que na última semana houbo un 2% menos de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal.



Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Vilamarín é a que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,63.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe Mondoñedo, Oleiros, A Gudiña, O Porriño ou Forcarei.


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Monforte de Lemos +38
  • Oleiros +34
  • As Pontes de García Rodríguez +26
  • Culleredo +24
  • Vilamarín +20
  • Camariñas +17
  • Outes +14
  • Valdoviño +14
  • Pontedeume +13
  • Vedra +13
  • Ferrol +9
  • Lugo +9




Relación de cidades e concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Vigo -130
  • Vilagarcía de Arousa -51
  • Carballo -43
  • Pontevedra -34
  • Santiago de Compostela -34
  • Narón -34
  • Salvaterra do Miño -34
  • Redondela -32
  • A Estrada -30
  • Lalín -30
  • A Coruña -28
  • Burela -28
  • Ourense -24
  • Arteixo -24
  • Cambados -24
  • Vilanova de Arousa -21
  • Tui -20
  • Cervo -18
  • Bueu -18
  • Padrón -17
  • Cangas -17
  • Ribadeo -16
  • Mos -16
  • O Barco de Valdeorras -14
  • Marín -13
  • Vimianzo -12
  • Betanzos -12
  • A Pobra do Caramiñal -11
  • Verín -11
  • Moraña -11
  • Ponteareas -11
  • Cerceda -10
  • Chantada -10
  • Xinzo de Limia -10
  • A Guarda -10




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

A tendencia descendente dos casos activos seguida no últimas cinco xornadas consecutivas freouse ao aumentar as infeccións no conxunto de Galicia ata as 6.364, que implican 523 máis que o día anterior, ao haber máis contagios (6.029), que altas (5.501), ao que se engaden cinco falecementos. Con todo, seguen por baixo dos 77.236 rexistrados hai unha semana --xoves 20 de xaneiro--.

Por áreas sanitarias, os casos activos descenden só en dous das sete: Pontevedra e O Salnés (-84) e Vigo (-25); mentres que aumentan no resto: A Coruña e Cee (+261), Santiago e Barbanza (+131), Lugo (+100), Ferrol (+94) e Ourense (+46).

Por tanto, con máis casos activos mantense a área sanitaria de Vigo, con 17.313; seguida da da Coruña e Cee, con 14.402; Santiago e Barbanza, con 10.289; Pontevedra e O Salnés, con 7.627; Ourense, con 6.813; Lugo, con 6.710; e á cola segue a de Ferrol, con 3.210.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado mércores 26 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días segue en descenso en Galicia ata situarse en 2.941,56 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 3.194,67 de media en España --onde tamén baixa--.

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do mércores, mantéñense en 48 as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 en Galicia, pero aumentan a 597 as hospitalizadas noutras unidades --16 máis--, mentres que 65.719 atópanse en seguimento no seu domicilio. Con todo, constitúen en conxunto 57 ingresados máis que hai unha semana, cando había 588.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase en dúas das sete: Vigo e Ferrol; aumenta en catro: A Coruña-Cee, Santiago-Barbanza, Lugo e Pontevedra-O Salnés: e mantense na de Ourense.

Na área de Vigo, en concreto, seguen oito pacientes Covid en UCI e descenden a 81 os ingresados noutras unidades --cinco menos--; mentres que na de Ferrol, aínda que aumentan a dúas o críticos --un máis--, descenden a 37 os doutras unidades --seis menos--.

No caso da de Ourense mantéñense seis pacientes ingresados por este coronavirus en UCI e 72 noutras unidades de hospitalización convencional; mentres que na de Santiago e Barbanza segue sete en críticos, pero soben a 100 os doutras unidades --tres máis--.

Pola súa banda, na área da Coruña e Cee continúan 11 pacientes Covid en UCI e aumentan a 151 os ingresados noutras unidades --nove máis--; e na de Lugo seguen sete en críticos e increméntanse a 66 a 66 os doutras unidades --nove máis--.

E na de Pontevedra e O Salnés aínda que descenden a sete os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en UCI --uno menos--, aumentan a 90 os ingresados noutras unidades --seis máis--.

 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE