Sanidade traballará con Autismo Galicia na elaboración mecanismos de sensibilización social
A Consellería de Sanidade colaborará coa Federación Autismo Galicia en mecanismos de sensibilización social e mellora na accesibilidade cognitiva dirixido a persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
A Xunta informa nun comunicado que o conselleiro de Sanidade e a presidenta da Federación asinaron un convenio dirixido a axudar a persoas con TEA (transtorno de espectro autista).
A Consellería de Sanidade colaborará coa Federación Autismo Galicia en mecanismos de sensibilización social e mellora na accesibilidade cognitiva dirixido a persoas con trastorno do espectro autista (TEA).
Así o informou a Xunta nun comunicado, no que detalla que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a presidenta da Federación Autismo Galicia, María Mercedes Fernández Angulo, asinaron un convenio para o establecemento destas medidas.
Mediante a firma do proxecto, ambas as partes comprométense a desenvolver "actividades de inclusión e sensibilización", detalla Sanidade, así como a traballar na promoción da saúde e a investir en formación específica para profesionais no ámbito do TEA.
Tamén, engade Sanidade, buscan desenvolver mecanismos para a adquisición de "hábitos saudables e habilidades funcionais" nas persoas de espectro autista e, agrega, "reforzar a accesibilidade cognitiva, analizando as barreiras que deben ser superadas".
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) destinará 43.405 euros para subvencións os gastos do desenvolvemento das actividades do proxecto, indicou a Xunta.
Escribe o teu comentario