Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.
“Un heroe é aquel que entende
a responsabilidade da súa liberdade".
Bob Dylan: premio Nobel de Literatura 2016.
O día 18 de abril do 2009, o Sr. Feijóo toma posesión como Presidente da Xunta. Levamos 11 anos de desmantelamento do Sistema Sanitario Público, que ten na pandemia da COVID-19 o seu capítulo máis amargo, ata o de agora...
O número de contaxiados é de 119.000, o nº de mortos é 2.370 (en Residencias de Maiores son o 45%), o nº de persoas con secuelas evidentes por pasar a COVID-19 e o nº de persoas afectadas a nivel económico, social, laboral, etc... é inxente; todo isto, é o reflexo de como está agora o Sistema Sanitario na Galicia... explicarei o por que?
As razóns para a mobilización son múltiples e todas importantes. A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, esixe normalizar a asistencia sanitaria nos Centros de Saúde e Hospitais. Que se poida ter unha asistencia de calidade e presencial é algo que debemos recuperar e poder seguir, tamén, coa atención aos pacientes doutras enfermidades non Covid. A morbilidad e a mortalidade por outras doenzas tamén aumentou de forma exponencial desde marzo do 2020 cando se decretou o Estado de Alarma no estado español. A Consellería de Sanidade, debe normalizar as citas presenciais; e cando estas solicítanse por Internet, debe permitilo (a día de hoxe, está prohibido).
O SERGAS, ten que deseñar un Plan Integral para afrontar de forma eficiente as Listas de Espera. Coa desculpa da pandemia, as consultas, as probas diagnósticas e as intervencións cirúrxicas viron atrasada de forma dramática as súas citas, causa tamén do aumento doutras patoloxías.
Temos que ter unha información transparente e un acceso universal ás vacinas: non por dar moita información infórmase mellor. As persoas teñen moitas dúbidas e iso reflíctese na cantidade de chamadas aos Centros de Saúde para preguntar pola vacinación: onde, como, cando...o que quere dicir que información si...pero correcta: non!
A masificación das consultas segue producíndose e agora agravada co tema da pandemia. O SERGAS, coa táctica do Sr. Feijóo de “imos facer...” e non de “fixemos”, ten parada as oposicións, atrasándoas dun ano para outro, e os postos de traballo sen cubrir. A Mesa Sectorial, lugar de encontro cos sindicatos para resolver os problemas dos traballadores e traballadoras e a falta de persoal, segue en suspenso e a necesidade de cubrir as prazas non se fai. O ter que acumular o traballo dos compañeiros que non están provoca máis masificación das consultas.
A precariedade laboral é algo xa endémico do SERGAS: traballar por días e cobrar por horas, por semanas e non pagar a fin de semana, por meses e ter que ir mes a mes a asinar un contrato dunha vacante, son prácticas diarias na “empresa máis irregular que existe”, que é o SERGAS. O tema da inestabilidade e a non conciliación da vida laboral e familiar, é o pan de cada día!
A segunda reforma que fixo o Sr. Feijóo da Lei Galega de Saúde do ano 2008, é para sancionar a poboación, a quen fai responsable día a día, dos contagios producidos. O PP, NUNCA ten a culpa de nada: ou é do goberno central, ou é da oposición en Galicia ou dos propios cidadáns...78 veces ten a palabra “sanción” esta reforma da LGS. Como xa dixemos é inconstitucional en moitos aspectos e así o ten recorrido o goberno central. Xa a primeira reforma eliminou a participación cidadá na toma de decisións e retirou 4 Áreas Sanitarias vitais para as súas comarcas.
Cando falamos de “Recuperar o Sistema Sanitario Público na Galicia” dicímolo para informar á xente, non a través dos voceiros da Xunta de Galicia, que son moitos e moi poderosos, se non para que se coñeza a Sanidade Real e non a que nos contan os acólitos de Feijóo.
O 21 de abril, faremos mobilizacións en todas as localidades da Galicia: en Compostela verémonos na Praza do Obradoiro, as 20 horas, cada quen coa pancarta que considere e gardando as distancias de seguridade que esixe o protocolo Anti-Covid-19. Cuantos máis sexamos, máis forte dirémoslle ao PP e ao Sr. Feijóo o que pensamos da situación actual da Sanidade. Se somos moitos, terán que escoitarnos e facelo, terán que actuar, e así melloraremos a Calidade Asistencial da xente.
Animate e participa!
Escribe o teu comentario