O Consello de Colexios Médicos tamén pide crear a especialidade para Urxencias e Emerxencias
O Consello Galego de Colexios Médicos adheriuse á petición do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (CGCOM) para a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias ante o Ministerio de Sanidade.
O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos lanzou unha proposta para a creación dunha nova especialidade designada como Urxencias e Emerxencias.
E Consello Galego de Colexios Médicos manifestou o seu acordo con esta iniciativa e así o comunicaron oficialmente aos medios de comunicación.

O Consello Galego de Colexios Médicos adheriuse á petición do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos (CGCOM) para a creación da especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias ante o Ministerio de Sanidade.
Así o sinalou nun comunicado remitido aos medios, no que sinala que o estado global da sanidade non pasa pola súa mellor situación, polo que considera "aínda máis necesaria" esta especialidade.
O Consello lembra a "tenaz e xusta reivindicación" da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (Semes/Semes Galicia) pola especialidade que "é garantía de calidade, equidade e saúde", tal e como sinala a OMS.
Conforme indica, esta reivindicación que a Semes xa reclamaba antes da pandemia, fíxose máis necesaria con esta, tendo en conta que os médicos de urxencia "foron a primeira liña de choque hospitalario na crise".
O Consello de Colexios Médicos indica que esta especialidade, que en España segue sen estar recoñecida, contrasta coa posición do resto do mundo e da contorna europea, onde a Sección de Urxencias e Emerxencias "é unha das especialidades máis potentes e activas".
Deste xeito, o organismo únese á petición e pide que "se escoite" aos profesionais das urxencias.
Escribe o teu comentario