A Coordinadora Estatal de Mareas Brancas fai especial fincapé na necesidade de dotar de persoal, medios e recursos á sanidade pública, obxecto de recortes nos últimos anos.
A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denuncia que no Sistema Galego de Saúde faltan recursos para combater de maneira efectiva á enfermidade, con máis de 440 positivos.
Inditex asegurou que preservará todos os postos de traballo ante a situación xerada polo coronavirus, á vez que está a poñer ao dispor do Goberno toda a súa rede loxística e de provedores para incorporar material sanitario e de primeira necesidade hospitalaria.
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) implantou a realización de probas de coronavirus a posibles infectados desde os seus vehículos en Vigo, un método cuxos resultados se avaliarán para analizar se é posible estender a súa prestación a outras áreas sanitarias.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a "pechar Madrid" para evitar "centrifugar o contaxio ao conxunto do Estado". "En Galicia sabemos do que falamos", asegurou, para explicar que "14 dos primeiros 15" contagios "confirmados en Vigo tiñan relación" coa capital.
Hai catro operarios de ambulancia en corentena porque tiveron que trasladar a sospeitosos de coronavirus sen o adecuado material protector. Pacientes que deron positivo finalmente. Esta é a denuncia realizada onte pola CIG e que a Xunta non desmente, aínda que matiza.
Hai catro operarios de ambulancia en corentena porque tiveron que trasladar a sospeitosos de coronavirus sen o adecuado material protector. Pacientes que deron positivo finalmente. Esta é a denuncia realizada onte pola CIG e que a Xunta non desmente, aínda que matiza.
O aumento de positivos fai que España supere a Corea do Sur. Este martes eran case 500 os falecidos pola enfermidade, ao maioría na Comunidad de Madrid, a máis afectada pola crise sanitaria. En só un día rexistráronse case 2.000 contagios da enfermidade.
A crise sanitaria provocada polo coronavirus puxo en marcha unha serie de iniciativas na cidade de Santiago de Compostela para que voluntarios axuden a todas as persoas maiores ou grupos de risco que teñen problemas para abastecerse ou desprazarse a centros de saúde.
Oriol Mitjà, o infectólogo que saltou á fama ao atopar unha solución factible para evitar o pian en Papúa Nova Guinea, e Bonaventura Clotet, líder desde Irsicaixa da loita contra a sida, no hospital Germans Trias, lideran os ensaios clínicos co uso de fármacos e antivirais.
“Estamos xuntos en isto”, din os profesionais da sanidade pública, que quixeron facer público o seu agradecemento ao movemento cidadán que recoñeceu o labor dos traballadores do sector da saúde por medio dun aplauso unánime onte ás 22 horas.