Catro técnicos de ambulancias de illados: "incidente illado" segundo a Xunta, proba de que falta material segundo a CIG
Hai catro operarios de ambulancia en corentena porque tiveron que trasladar a sospeitosos de coronavirus sen o adecuado material protector. Pacientes que deron positivo finalmente. Esta é a denuncia realizada onte pola CIG e que a Xunta non desmente, aínda que matiza.
Hai catro operarios de ambulancia en corentena porque tiveron que trasladar a sospeitosos de coronavirus sen o adecuado material protector. Pacientes que deron positivo finalmente. Esta é a denuncia realizada onte pola CIG e que a Xunta non desmente, aínda que matiza.
"A exposición accidental dos traballadores pertence á empresa concesionaria do transporte sanitario urxente na área de Santiago, considérase como un incidente illado", explica a Galiciapress a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a raíz do illamento da traballadores da área de Santiago e Barbanza .
Tecnicos de ambulancia nunha protesta da CIG nunha foto de arquivo
Porqué considérao un "accidente illado"? A Administración explica que "en todos os casos" de que se "coñece ou sospeita" que un traslado en ambulancia é a un paciente que pode ter o COVID-19 de acordo aos "criterios vixentes", a Central de Coordinación informa os traballadores do risco e refórzase "" a "indicación" de que leven os traxes de protección individual (EPIs) "adecuados a cada situación".
A raíz do problema parece ser a dispoñibilidade de EPIs. Outra instancia da Xunta, a Consellería de Política Social, xa alertou da "carencia de EPIs" en residencias e no Servizo de Axuda no Hogar.
Hai EPIs suficientes para os traballadores das ambulancias galegas? Segundo leva semanas denunciando a CIG, non. De feito, o sindicato nacionalista alertou mesmo tamén da ausencia de máscaras.
A Xunta asegura que son as concesionarias do servizo as responsables de dotar aos seus traballadores cos EPIs imprescindibles nesta crise. "As empresas de ambulancias adxudicatarias do actual concurso de transporte sanitario terrestre urxente son as responsables de fornecer o material e os equipos de protección individual aos seus traballadores", lembran desde o 061.
É máis, as fontes oficiais asegura que "enviou ás empresas concesionarias do servizo unha formación telemática do uso dos equipos de protección individual, como recordatorio da formación recibida para obter o título de técnico en emerxencias sanitarias".
Agora ben, nestes momentos a clave non parece ser a formación nin de quen é a responsabilidade de que haxa EPIs. A clave é garantir que os traballadores de ambulancias dispoñen deles para protexerse e protexer aos cidadáns, evitando que os propios medios de emerxencias poidan contribuír a difundir a epidemia.
Escribe o teu comentario