Coronavirus: 721 positivos en Galicia, un aumento de 154 casos nun día, o maior ata a data pero sen dispararse

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, o que supón 154 máis que este xoves, cando había 567. Ademais, os falecidos con coronavirus ata a data son 12, o dobre que hai 24 horas.

|

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, o que supón 154 máis que este xoves, cando había 567. Ademais, os falecidos con coronavirus ata a data son 12, o dobre que hai 24 horas.


Coronavirus desinfeccion


Así o informou a Consellería de Sanidade, que indicou que dos 721 contagios, 195 son da área sanitaria da Coruña; 54 a de Lugo; 74 a de Ourense; 112 de Pontevedra; 152 da de Vigo; 108 da de Santiago; e 26 da de Ferrol.

Do total de positivos, 28 permanecen na UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Ademais, concretou Sanidade, fixéronse ata o de agora 4.137 probas PCR para detectar positivos de COVID-19.

Polo momento, Galicia rexistra seis altas de pacientes --una máis que este venres-- e doce falecementos. O últimos tres, coñecidos na mañá deste sábado, son unha muller de 68 anos e dous homes de 93 e 74 anos, respectivamente, que contaban con patoloxías previas.

A Xunta destaca que continúa traballando desde a "máxima coordinación interdepartamental" e con o Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste sentido, reitera que segue alerta, actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Sanidade apelou á cidadanía para empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, lembrou que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.gal), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE