Rego reclama o peche de Madrid para evitar a propagación do coronavirus: "En Galicia sabemos do que falamos"

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a "pechar Madrid" para evitar "centrifugar o contaxio ao conxunto do Estado". "En Galicia sabemos do que falamos", asegurou, para explicar que "14 dos primeiros 15" contagios "confirmados en Vigo tiñan relación" coa capital.


|

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, instou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a "pechar Madrid" para evitar "centrifugar o contaxio ao conxunto do Estado". "En Galicia sabemos do que falamos", asegurou, para explicar que "14 dos primeiros 15" contagios "confirmados en Vigo tiñan relación" coa capital.


Nu00e9stor rego


"Pechar Madrid e blindar Galicia é unha necesidade", sostivo desde a tribuna do Congreso dos Deputados o parlamentario galego, que lamentou que o principal foco en España siga permitindo a saída e a entrada de persoas. "Eu mesmo podería coller un avión a Santiago. Non é lóxico", engadiu en referencia ao seu regreso ao seu territorio de orixe, ao que decidiu non volver por "responsabilidade", do mesmo xeito que o seu persoal de prensa.

De feito, lembrou que se pecharon os pasos fronteirizos do sur de Galicia con Portugal, polo que dixo non comprender por que non se fai o mesmo co "leste", de forma que Galicia quede "blindada". "Sabemos que cortar a mobilidade é a mellor forma de cortar a cadea de transmisión", aseverou.

En materia sanitaria, Rego considerou que é necesario "cooperar" e "coordinar" as competencias, pero advertiu de que "non se mellora subtraendo" ás comunidades esta área, xa que son os territorios os que teñen "mellor coñecemento" dos seus cidadáns. No caso galego, apelou ás características poboacionais de dispersión e envellecemento, entre outras.



MEDIDAS ECONÓMICAS

Na súa intervención, Néstor Rego pediu ao xefe do Executivo que se condone o pago de hipotecas durante polo menos catro meses e que se faga con "cargo ao rescate bancario non recuperado". Tamén pide que se prohiban os despedimentos durante dous meses, en lugar de "axilizar" os Ertes.

Ademais, Rego, que considera "insuficientes" as medidas anunciadas, solicitou apoio económico aos autónomos, a moratoria para o pago de alugueres e axudas para o custo da auga, o gas ou a electricidade.

Para o BNG, é necesario "parar toda a actividade económica que non sexa imprescindible". Preguntouse como se pode explicar a un pequeno comerciante que ten que pechar mentres "fábricas con miles de traballadores" seguen activas.


"COLABORACIÓN"

Con todo, o dirixente do BNG insistiu en que agora a "prioridade" é "frear a expansión do contaxio" e iso fai que a "confrontación" entre partidos políticos pase "a un segundo plano". "Corresponde a quen toca gobernar tomar decisións", apuntou, para despois dicir que a xestión política será abordada cando a epidemia estea controlada.


Rego ofreceu ao Executivo de Pedro Sánchez a "plena disposición do BNG para colaborar e atallar a crise". "Mesmo se as medidas que foron adoptadas non nos gustan ou nos parecen insuficientes", resolveu.

O deputado do BNG tamén agradeceu o "traballo encomiable" do persoal sanitario e dos servizos básicos e mostrou o seu "orgullo" por pertencer a un pobo que sabe dar o "mellor de si". "Fomos capaces de superar situacións moi adversas", sentenciou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE