Os hospitais públicos e privados funcionarán como un "sistema único e integral" en Galicia durante a crise do coronavirus

Elaborará un "censo" de camas, UCIs e postos de reanimación "en todos os hospitais de Galicia", ademais de contabilizar as ambulancias dispoñibles

|

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e os hospitais privados de Galicia "funcionarán como un sistema único e integral" en cumprimento do disposto polas medidas adoptadas polo Ministerio de Sanidade.


Feijoo almuiña



Así o informou a Consellería de Sanidade nun comunicado despois de que o titular deste departamento, Jesús Vázquez Almuiña, mantivese na mañá deste martes unha videoconferencia con responsables de hospitais privados en Galicia.


"Deste xeito, o Goberno galego continúa coa coordinación con diferentes axentes para establecer actuacións centradas na prevención para conter o contaxio do Covid-19", destacou Sanidade.


Almuiña informou aos centros privados galegos, nesta primeira reunión por videoconferencia, das "medidas concretas" que se poñerán en marcha para a "coordinación integral da asistencia sanitaria" entre hospitais públicos e privados.


Neste sentido, indicou que se fará un "censo" do número de camas e de UCIs, así como dos postos de reanimación "en todos os hospitais de Galicia". Almuiña destacou que o "entenderon perfectamente" e "están a colaborar".


O Sergas tamén lle pediu aos hospitais privados que lle informen das necesidades de material, sobre todo de proteccións para os profesionais, co fin de trasladarlle a información ao Ministerio de Sanidade, "que fai a compra centralizada".


Deste xeito, aclarou Almuiña, o Sergas busca que os hospitais privados sigan as mesmas indicacións que os públicos "diminuíndo o número de persoas" que vaian presencialmente, con consultas telefónicas, e deixen de facer operacións programadas, salvo as de pacientes oncolóxicos e graves.


CENSO DE AMBULANCIAS

Ademais, o conselleiro fixo fincapé en que se estableceu contacto "con todas as empresas de ambulancias de Galicia" co obxectivo de "elaborar un censo e establecer a coordinación necesaria que permita mobilizar os vehículos en caso de necesidade".

Neste sentido, Vázquez Almuiña incidiu en que se trata dun "censo oficial" que "poida estar ao mando do 061 nun momento de necesidade", matizou o conselleiro.

Durante a reunión por viodeoconferencia o conselleiro de Sanidade destacou que a Xunta "continúa mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia, en alerta e cunha vixilancia permanente para actualizar todas as medidas de recomendacións".

Así mesmo, Vázquez Almuiña lembrou que a Xunta "segue traballando desde a máxima coordinación" tanto interdepartamental como co Ministerio de Sanidade.

"O obxectivo é funcionar como un sistema único e integral onde todos os cidadáns teñan as mesmas condicións de ser tratados nunha epidemia tan importante como esta", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE