EPIs, máscaras e lentes protectoras: todo o que falta na loita contra o coronavirus segundo CESM
A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denuncia que no Sistema Galego de Saúde faltan recursos para combater de maneira efectiva á enfermidade, con máis de 440 positivos.
A Delegación da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos en Galicia (CESM) denuncia que no Sistema Galego de Saúde faltan recursos para combater de maneira efectiva á enfermidade, con máis de 440 positivos.
Desde CESM reclaman máis recursos para os sanitarios
CESM urxe ao SERGAS dotar de “material imprescindible para unha adecuada protección dos profesionais, para a correcta atención aos pacientes e para evitar a propagación do virus”. Nese sentido, indican que os profesionais, aqueles que se atopan na primeira liña de batalla contra a enfermidade, non contan con suficientes Equipos de Protección Individual (EPIs), máscaras, lentes protectoras e demais material de protección, o que os expón de forma directa contra o virus.
Os profesionais advirten que se seguen sen dispoñer se estes equipos de protección contra o Covid-19 “o contaxio dos profesionais está asegurado”, algo que traerá consigo o colapso da sanidade.
“CESM Galicia lembra que a principios de semana remitiu unha serie de propostas ao SERGAS para que se aplicasen co fin de conter o contaxio e a propagación do virus, moitas das cales seguen sen adoptarse”, conclúe a nota do organismo.
Escribe o teu comentario