sanidad

A primeira fábrica de máscaras de Galicia abrirá as súas portas en 10 días cun plan de 1,8 millóns de unidades ao mes
Prevé confeccionar 1,8 millóns de unidades ao mes e distribuílas en varios países
Os saltos en Ourense e Santiago embazan unha xornada de descenso na maioría de áreas sanitarias

Os datos do Servizo Galego de Saúde deixan entrever unha lixeira melloría esta xornada no conxunto das áreas sanitarias galegas con respecto aos últimos dous días, onde a situación en Ourense arrastrou en gran medida ao resto da comunidade.

Vixilancia policial nun edificio de Marín confinado por un brote de coronavirus con seis positivos
Un inmoble situado en cálea Alcalde José do Río de Marín atópase baixo vixilancia de efectivos da Policía Local para garantir o confinamento de todos os seus residentes, debido a un brote de coronavirus detectado o pasado sábado e que ascende a con seis casos repartidos en dúas vivendas diferentes.
Ourense debe cumprir as restricións "para evitar medidas máis drásticas"; novas restricións en Verín, O Barco e O Carballiño
Ourense, que concentra a "bomba vírica, rexistra 138 casos novos en 3 días e unha incidencia "entre 4 e 5 veces máis" que o conxunto de Galicia
Compromiso de Feijóo de enviar as cifras de coronavirus por Concellos dúas veces por semana, pero non a diario
A Consellería de Sanidade enviará dúas veces por semana aos concellos os datos de contagios e prevalencia do SARS-Cov2 con senllos mapas a sete e 14 días vista nos que se visualizará a situación epidemiolóxica de cada municipio, que se reflectirá cun semáforo (verde-amarelo-laranxa-vermello).
A área de Ourense segue coa súa escalada de casos de COVID e arrastrando a toda Galicia con ela

Os datos do Servizo Galego de Saúde indican, un día máis, que o panorama en Ourense segue sendo o elemento diferencial e lastre nas cifras do coronavirus na comunidade. A área ourensá é, con Ferrol, a única que crece esta xornada, aínda que a diferenza entre a subida dunha e outra área é máis que obvia: Ferrol un caso máis desde onte; Ourense 47.



​Pode un arrefriado común ser unha ferramenta contra a COVID-19? Un estudo sostén que si

Mark Sangster, experto en enfermidades infecciosas do Centro Médico da Universidade de Rochester, cre atopar nunha das enfermidades máis habituais do inverno pode ser unha das armas máis valiosas contra o coronavirus e mesmo no seu estudo afirma que a inmunidade contra a COVID-19 pode ser vitalicia. 

Feijóo desmárcase das acusacións e insiste en que as decisións santiarias dependel do Comité Clínico do Sergas
Incide en que son 34 facultativos que "nos guía de forma continuada" e que logo "aprobamos os políticos"
Ourense, costa abaixo e sen freos, fulmina todos os récords de contagios esta xornada e arrastra ao resto de áreas

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a situacióin na área sanitaria de Ourense comeza a ter un impacto decisivo na evolución da enfermidade no conxunto de Galicia. Este luns as cifras do Sergas arroxan un incremento de 91 novos casos na área ourensá en só 24 horas. É a maior subida desde que comezou a escalada de casos o pasado 20 de setembro.

Suspender as clases en Ourense? A Xunta ponse "en mans das autoridades sanitarias" para avaliar esta posibilidade
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, advertiu este sábado do contexto sanitario "tan complicado e complexo" que vive a comunidade galega, e no que actualmente Ourense sitúase como un dos principais focos de atención do Goberno da Xunta.
Ourense adianta á área da Coruña en número de casos de COVID-19 e xa é a máis afectada de toda Galicia, indica o SERGAS

Os datos de o Servizo Galego de Saúde desta xornada reflicten o avance da enfermidade na área de Ourense, que despois de varios días de subidas moi pronunciadas, pasa a ser a máis afectada da comunidade galega. Todo isto vén provocadoa  a súa vez dos descensos que se produciron na Coruña nas últimas 48 horas: 116 casos menos en dous días. Hoxe Galicia toma un ritmo de descenso propio de a desescalada: 111 casos activos menos en só 24 horas.



Novos casos de coronavirus en centros escolares e garderías de Noia, Rianxo, Ribeira, Ourense, Santiago ou A Coruña
O brote do CEIP As Mercedes segue en aumento e o sistema educativa suma 361 contagios en toda Galicia
Feijóo afirma que Galicia cumprirá coa orde de sanidade, pero que os criterios están feitos á medida de Madrid
Feijóo asegura que a Xunta se guiará polos seus propios criterios, que son "máis completos" que os aprobados polo Goberno
Ourense mantén a súa escalada de casos activos; normalidade ou descensos nas demais áreas sanitarias

Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a crise que atravesa a área sanitari de Ourense supón un importante lastre na evolución da comunidade. Tras seis días de descenso diario no número de casos activos, hoxe Galicia volve arroxar datos de subida, aínda que nesta ocasión é unha subida mínima. 



​Ayuso di que Madrid cumprirá as ordes do BOE pero que levará ao Goberno aos tribunais

A presidenta da Comunidad de Madrid non dará o seu brazo para torcer tan facilmente, a pesar da situación crítica que atravesa a capital. O Boletín Oficial do Estado recolle unha batería de medidas para os municipios que, como Madrid, superan a taxa de contagios marcada por Sanidade. Isto supón o confinamento perimetral de Madrid. 

Restricións sanitarias en Sanxenxo, Meis e O Barco; reducen a 5 persoas as reunións en Ourense

As localidades de Sanxenxo e Meis en Pontevedra e O Barco de Valdeorras en Ourense son os novos municipios sobre os que a Xunta anunciou que poñerá en marcha restricións para tratar de frear o aumento de casos de coronavirus.


Santiago de Compostela lidera a sexta xornada seguida de descensos nos casos activos de COVID-19

Os datos de o Servizo Galego de Saúde reflicten, por sexto día consecutivo, que Galicia dá mostras de entrar nunha nova fase nesta segunda onda da enfermidade. As cifras de casos activos de coronavirus descenden en case todas as áreas sanitarias, coa excepción de Ourense, que a pesar de ver crecer as súas cifras tamén ofrece unha retardación nos novos casos positivos. 



Primeiro brote escolar en Galicia con 9 menores da mesma aula de Primaria das Mercedes en Ourense


Nais e pais levaban semanas mobilizándose porque as instalacións do CEIP non eran "seguras". Finalmente houbo un primeiro positivo un martes, un mércores outro e, tras o cribado, localizáronse 9 na mesma aula e 11 total no centro, que segue impartindo clases a pesar de que hai dous grupos con positivos.

Dá igual morrerse de Covid que de falta de atención médica

Cirurxiáns de diferentes especialidades veñen avisando xa de que a enfermidade que provoca o novo coronavirus está a desmantelar a actividade cirúrxica que se realiza nos hospitais españois

35 novos positivos en colexios da Coruña, Arteixo, Santiago, Lugo, Ourense, Ribadavia, Pontevedra, Ponteareas e outras localidades

Os centros educativos galegos seguen rexistrando novos casos de coronavirus e cada vez son máis os escolares, educadores e traballadores destes centros os afectados.Con todo, e pese ao aumento de casos -47 casos novos desde a última actualización- , o número de aulas afectadas si se ve reducido: de 51 a 48 aulas pechadas.A Coruña e Ourense seguen sendo as área sanitaria que arroxan máis centros educativos afectados, con 61 entre centros de educación infantil e centros de educación non universitaria.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE