​Eventuais en Loita denuncia a precariedade na enfermería en plena segunda onda do coronavirus

Desde a plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian a situación de precariedade na que se atopan os traballadores e traballadoras do sector en plena segunda onda da pandemia.


|

Desde a plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian a situación de precariedade  na que se atopan os traballadores e traballadoras do sector en plena segunda onda da pandemia.


A crise do coronavirus, a pesar de poñer de manifesto a necesidade de contar cunha sanidade pública e de calidade, non levou a estabilidade ao sector sanitario, onde os profesionais de enfermería denuncian unha vez máis que viven con “contratos por días, horas e semanas”.


Eventuais en loita

Protesta da plataforma Enfermeiras Eventuais en Loita


“A administración continua ofertando contratos que nada se asemellan as necesidades reais”, critican desde a organización, algo que ben pode explicar as dificultades de moitas áreas sanitarias para contratar persoal sanitario a pesar da nómina de profesionais en paro. “Gran parte dos motivos polo que moitas profesionais abandonan o SERGAS céntranse nun sistema de contratación precario, cunha elevada temporalidade (en Galicia o 40% do persoal en atención especializada é eventual), sen dereitos e cunhas condicións que impiden a conciliación”, explican.


Neste contexto, denuncian que aínda no medio dunha crise sanitaria sen precedentes, desde o SERGAS “seguen realizando as contratacións a última hora”. “Sabendo que as necesidades para os próximos meses serán elevadas, a finais de setembro, a maioría do persoal de enfermería foi chamada para a oferta de contratos entre o 28 e 30, tres días antes do comezo do mes”, sinala a plataforma, á vez que expón que preto do 20% dos contratos foi de dous meses, “a duración máxima”. O resto de contratos eran dun mes, dunha semana ou de días.


“HIPOTECADOS A UNHA POLÍTICA DE CONTRATACIÓN LESIVA”

Ese motivo é o que impide en parte xestionar ben as contratacións, pois se tivésemos máis estabilidade gañariamos en dereitos laborais e iso ao SERGAS parece que non lle interesa”, esgrimen desde o sector. Unha fórmula de contratación que, sinalan, xera tensión no persoal eventual, “un persoal que non pode planificar a súa vida máis aló dun mes, que ten que vivir coa incerteza de se o seu contrato será prorrogado ou non a pesar de saber con certeza que vai ser necesario” e que ten “unha vida hipotecada a unha política de contratación ineficiente e lesiva”.


“Esta situación, trasladada ás Direccións de enfermería e Recursos Humanos do Complexo de Ourense, dabondo coñecedoras da situación das listas de contratación, outorgan como responde á falta de persoal o traslado de pacientes a Vigo. Realmente a responsabilidade da falta de persoal é da enfermería ou dunha xestión dos Xestores do SERGAS que só favorece a fuga de enfermeiras en busca unha estabilidade e condicións dignas?”, cuestionan desde Eventuais en Loita.



PROBLEMAS DE HOXE E DE MAÑÁ

Doutra banda, desde a organización tamén reclaman máis dotación para a Atención Primaria, “alicerce fundamental da sanidade”, onde as ausencias de persoal “nin se queira cóbrense” nalgúns casos.


“Ante esta emerxencia sanitaria non podemos continuar con esta contratación precaria. A situación é complexa, pero a estabilidade do persoal garante unha maior calidade de asistencia e o funcionamento acomodado dos servizos, favorecendo os nosos coidados aos enfermos”, reclaman. A continuación, subliñan que a estabilidade tamén leve ás quendas e que se establezan de forma máis ou menos constante as áreas do hospital na que realizarán os seus labores.


Se somos tan necesarias, por que só nos ofrecen precariedade? Sabemos que foi a profesión que eliximos e de feito non queremos recoñecementos, pero a situación laboral actual pon máis paus na roda. O persoal está esgotado e como as políticas e a xestión de Recursos Humanos non cambien o problema de hoxe será tamén o problema de mañá”, conclúen desde a plataforma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE