Vixilancia policial nun edificio de Marín confinado por un brote de coronavirus con seis positivos
O brote afecta a seis persoas en dúas vivendas dun piso na callde Alcalde José do Río de Marín.
Os afectados, de orige ganés, non estaban a gardar correctamente a corentena obrigatoria por ser contacto estreito cun dos positivos, ingresado desde sábado, ata coñecer o resultado da proba, o que obrigou a instalar vixilancia policial durante 24 horas.
Un inmoble situado na cale Alcalde José do Río de Marín atópase baixo vixilancia de efectivos da Policía Local para garantir o confinamento de todos os seus residentes, debido a un brote de coronavirus detectado o pasado sábado e que ascende a seis casos repartidos en dúas vivendas diferentes.
Segundo indican desde o Concello de Marín, a investigación iniciouse despois de que un dos inquilinos tivese que ser ingresado o sábado.Os servizos sanitarios achegáronse ata o lugar a vila, dada a imposibilidade destas persoas de desprazarse, para realizar PCR aos conviventes do afectado, de orixe ganesa.
Alí constatouse que algunhas das persoas conviventes non estaban a gardar correctamente a corentena obrigatoria por ser contacto estreito ata coñecer o resultado da proba, o que obrigou a instalar vixilancia policial durante 24 horas para garantir o cumprimento do protocolo sanitario.
Como medida preventiva, os servizos sanitarios decidiron realizar un cribado con PCR a todas as persoas que viven neste edificio, que arroxaron un resultado negativo.
Deste xeito, os inquilinos de todos os demais pisos aos que xa se lles realizou a proba, fóra dos que conviven nas dúas afectadas, poden saír sen problema das súas vivendas. O dono do edificio xa anunciou que se realizará unha desinfección a fondo de todas as zonas comúns do edificio.
Escribe o teu comentario