Gardería pechada en Celanova por casos de coronavirus; novas aulas pechadas en Vilagarcía, Ourense, Vigo ou Santiago

Os novos casos de coronavirus en Galicia das últimas horas dispararon á súa vez o número de afectados nos centros escolares de Galicia.


|

Os novos casos de coronavirus en Galicia das últimas horas dispararon á súa vez o número de afectados nos centros escolares de Galicia.


De feito o número de aulas pechadas tamén creceu na comunidade en só 24 horas, pasando das 21 de onte ás 23 que notifica esta xornada o Educación.


Aulas de 2 anos en Camargo



Do mesmo xeito, o número de afectados tamén se disparou por segunda xornada consecutiva despois de varios días de descenso. Esta xornada a Xunta rexistra un aumento de 18 novos casos.


Esta escalada provocou á súa vez que un centro escolar galego peche as súas portas ata o próximo 16 de setembro polo positivo dunha traballadora. Trátase da Escola Infantil María Ana de Celanova e, ata o momento, é o único centro pechado polo coronavirus na comunidade galega


A área de Ourense, con 158 afectados, é a que conta con máis positivos nos centros escolares, aínda que son só oito as aulas pechadas. Séguenlle con seis aulas afectadas as áreas de Santiago de Compostela e Vigo, mentres que A Coruña ten dous centros con aulas pechadas e Pontevedra só unha. Lugo e Ferrol non notifican aulas pechadas na súa área sanitaria. 




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE