A concelleira de goberno de Democracia Ourensá, Ana Isabel Rebanales Rodríguez, presentou a súa renuncia á acta de concelleira e ao seu cargo no concello de Ourense, debido "a discrepancias internas de organización", "estritamente de estratexia profesional concernente á concellería que dirixe".
A pesar de considerala "unha boa noticia", a plataforma lamenta que o cesamento do xerente da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo, Félix Rubial, chegue tan tarde.
O debate tomou un "ton de barra de bar" e a oposición acusou a Jácome de "ser o mellor trileiro da historia da cidade". "É a miña imaxinación ou este mandato vai ser aínda máis divertido que o anterior?" , dixo o rexedor con ton irónico.
Aínda que Democracia Ourensá naceu como azoute do baltarismo, desde a chegada de Pérez Jácome á alcaldía auriense a sintonía entre DO e a Deputación ourensá, gobernada polo PP e Baltar grazas ao pacto que levantou a Jácome ao trono de mando, é cada vez maior. Así o recoñeceu o propio rexedor, quen afirma que nos primeiros días a relación entre as dúas forzas políticas foron “os de maior entendemento que nunca”.
O grupo municipal socialista esixe "a dimisión inmediata" do representante público e o alcalde auriense pediu desculpas polo que considera "un comentario non procedente" do seu secretario, Félix Álvarez.
O líder de Democracia Ourensá tirou de maquiavelismo para tratar de xustificar a súa viraxe, completado hoxe coa investidura de Manuel Baltar como presidente da Deputación. Jácome non fixo caso aos últimos chamamentos do PSOE e mesmo culpou aos socialistas de que DO traizoase a súa promesa. Iso, se, a lexislatura empeza xa con gretas internas -hai uns días dimitiu a concelleira Ana Isabel Bertólez- e externas -os deputados localistas non aplaudiron o discurso de Baltar como reproche ao PP por non aplaudir o de Jácome.
A compañía celebra unhas xornadas na Estación de Tratamento de Augas Residuais ourensá con expertos mundiais no tratamento de augas do grupo Suez para “compartir coñecementos sobre procesos e tecnoloxías de depuración e reutilización de augas utilizadas en todo o mundo”.
Socialistas e nacionalistas critican o movemento do mandatario autonómico, ao que tachan de “vendedor de fume”. Desde os socialistas ven a manobra como unha “traizón” aos ourensáns. O discurso dos nacionalistas galegos vai na mesma liña, criticando o comportamento de Feijóo coa manobra, considerando que ese acto exemplifica que ao presidente de la Xunta “impórtalle un pito” Ourense e que busca “aparafusar ao PP no poder”.
Un exgestor de clientes da oficina aceptou dous anos de prisión por apropiación indebida desde 1997 a 2014, aínda que ao non existir antecedentes penais non pisará o cárcere.
Baltar 2023 foi un dos eslóganes conservadores.Galiciapress púxose en contacto co Concello de Ourense para que Jácome puidese comentar o seu punto de vista sobre este novo vídeo, publicado por vez primeira.
Gonzalo Pérez Jácome aparcou o seu BMW na zona reservada para coches oficiais e sen ningún distintivo que probase que é do novo alcalde de Ourense. Este é o motivo polo cal a Policía Local multouno este luns, primeiro día laborable do seu mandato como alcalde, segundo informa varios informadores ourensáns.