Posible dobre suicidio dunha nai e o seu fillo tirándose desde unha pasarela a unha estrada

A Policía Nacional investiga as circunstancias da morte de dúas persoas, cuxos corpos apareceron a última hora da mañá deste luns en Ourense.

|

A pasarela peonil sobre a estrada nacional a Vigo que comunica a Estación de Autobuses de Ourense ten un alto valo, polo que parece difícil que o suceso fose un accidente.


A Policía Nacional investiga as circunstancias da morte de dúas persoas, cuxos corpos apareceron a última hora da mañá deste luns en Ourense, sobre as 13 horas.



Os dous cadu00e1veres na estrada nacional xusto encima da pasarela peonil da Estaciu00f3n de Autobuses de Ourense nunha imaxe da CRTVG

Os dous cadáveres na estrada nacional xusto encima da pasarela peonil da Estación de Autobuses de Ourense nunha imaxe da CRTVG 


En concreto, trátase dunha nai de 70 anos e o seu fillo de 27, falecidos tras precipitarse desde a pasarela que cruza a N-120 nas inmediacións da Estación de Autobuses de Ourense.


Efectivos da Policía Local e da Policía Nacional atópanse investigando as circunstancias que rodean este suceso, aínda que as primeiras hipóteses apuntan a un suicidio.


Doutra banda, o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, emitiu un comunicado para mostrar a súa "consternación" e pesar por este "tráfico suceso".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE