O Concello de Ourense ve posible "fallos" no caso de dobre suicidio dunha nai e o seu fillo

O portavoz de DO fai fincapé en "non empregar un feito tan lamentable para poñer en dúbida a actuación dos servizos municipais"

|

Que pasou nas últimas chamadas que fixo a familia á Policía Local antes de tirarse desde dunha pasarela? Esta é unha das incógnitas que perdura nun caso que chegará aos xulgados como de posible violencia machista e no que moitos se preguntan se os servizos sociais e a policía oboraron como deberían.


O portavoz de Democracia Ourensá, Miguel Caride, manifestou que no caso de que as análises das últimas chamadas da nai e o fillo que morreron ao precipitarse desde unha pasarela en Ourense puxesen de manifesto un comportamento "incorrecto" das forzas de seguridade ou dos Servizos Sociais por parte do Concello miraríase "que é o que o ocasionou e obraríase en consecuencia".


Os dous cadáveres na estrada nacional xusto encima da pasarela peonil da Estación de Autobuses de Ourense nunha imaxe da CRTVG


Os dous cadávares sobre a estrada nacional nunha imaxe da CRTVG


Con todo, o portavoz municipal ha feito fincapé en que "en calquera caso, non se debe empregar un feito tan lamentable para poñer en dúbida a actuación dos servizos municipais nin da Policía Local".


Ademais, Caride apuntou que "sempre é moi complicado establecer cales son exactamente as causas que levan a tomar decisións deste tipo".


OS FUNCIONARIOS E DO

Hai que lembrar que DO mantén unha moi tensa relación cos funcionarios municipais. O alcalde, o polémico Pérez Jácome, cuestionou numerosas veces a profesionalidade dunha parte do persoal. 


A XUSTIZA INVESTIGA VIOLENCIA MACHISTA

Polo momento descoñécese se o sucedido chegará finalmente aos xulgados como un posible caso de violencia machista, debido a que non figuraba ningunha denuncia nin en Ourense nin en Barcelona, de onde eran oriúndas as vítimas.


Ata agora só constan "unhas dilixencias previas no xulgado", segundo confirmou Caride, necesarias para a intervención dos forenses no levantamento dos cadáveres.


RESUMEN DA TRAXEDIA

A muller falecida, de 71 anos, e o seu fillo, de 27, que morreron despois de precipitarse á estrada N-120 desde a pasarela contigua á estación de autobuses, chegaron desde Barcelona á capital ourensá tratando de fuxir de ameazas familiares, segundo indicaron a Europa Press fontes da investigación.


O día 1 de agosto, as vítimas chamaron a familiares residentes en Ourense comunicándolles que, tras unha discusión, o marido e pai da vítima botáraos da súa casa en Barcelona.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE