En teoría, a esquerda e o nacionalismo teñen maioría suficiente para aprobar unha lei que obrigará á Administración do Estado a admitir como oficiais a documentación presentada en galego, catalán ou eúscaro.
No acto participou A Mesa pola Normalización Lingüística, Plataforma per a Llengua e Kontseilua.
Esta lei busca que os cidadáns que usan estas linguas cooficiais poidan usalas en órganos competentes en toda España como a Casa Real, Tribunal de Contas ou Defensor do Pobo.