Judit Veiga é a nova xerente da Asociación Española Contra o Cancro na provincia de Ourense. Chegou á capital ourensá despois dunha carreira profesional no estranxeiro e en Palma de Mallorca. Entre os seus obxectivos está o dar a coñecer a toda a sociedade ourensá que é a AECC, máis aló de visións simplistas e reduccionistas. Quere que se coñeza todo o valor inherente á Asociación que, entre outras moitas cuestións, ofrece apoio psicolóxico, acompañamento e apoio legal a persoas e familias afectadas polo cancro.