GES

Un ERTE ameaza aos GES de Guitiriz, segundo denuncia a CIG

O sindicato alerta de que o Expediente de Regulación Temporal de Emprego foi “imposto” polo Concello de Guitiriz, que xa renunciou a albergar a base dos GES para o curso 2019/20.

Ferido un GES de Ribadavia durante un incendio nun domicilio

O operario foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense despois de sufrir danos nunha perna.

Catro GES máis para cubrir "zonas de sombra", cun financiamento de 280.000 euros

A pesar o acordo chegado entre Xunta, FEGAMP e deputacións, segue sen aclararse o futuro do GES e Guitiriz. O GES da Fonsagrada pasará a Baleira.

“Os GES teñen que funcionar para emerxencias, non para as cacicadas dos alcaldes”


Primitivo Gándara, presidente de AGESGA - asociación de traballadores dos GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipais)- conversa con Galiciapress sobre o accidente mortal en Begonte. Entende que se puido incorrer nun delito de omisión de socorro. Tamén denuncia que os concellos utilizan persoal de Protección Civil para labores que non lles corresponden, como asfaltado ou limpeza.

Denuncian o uso de profesionais de emerxencias para recoller lixo ou facer obras

“Ao non acudir aos accidentes está a facerse unha omisión de socorro, contemplado no código penal”, advirte a misiva da asociación, antes de sentenciar, sen citar máis nomes, que hai alcaldes “que usan ao persoa indebidamente para facer traballos de vías e obras tales como colocar plaquetas, asfaltar, recoller lixo e ata limpeza de cemiterios, isto é unha malversación dos servizos e neses casos deberían dimitir, por malversar o servizo público das emerxencias”. 

Cambiando o mapa das emerxencias de Galicia

A Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as catro deputacións galegas seguen traballando na definición do novo modelo dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).

Evacúan en helicóptero a condutora do coche que caeu ao mar en Muros

O outro ocupante, seu pai, faleceu no lugar dos feitos e non puido ser reanimado.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE