Ferido un GES de Ribadavia durante un incendio nun domicilio

O operario foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense despois de sufrir danos nunha perna.


|

O operario foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense despois de sufrir danos nunha perna.


Ribadavia ges

Os GES de Ribadavia durante un operativo. 


Un membro do GES de Ribadavia (Ourense) resultou ferido a última hora deste domingo mentres traballaba na extinción dun incendio rexistrado nunha vivenda.

Segundo a información do 112-Galicia, o lume iniciouse pouco antes da medianoite nunha vivenda da Praza Gardía Boente, en Ribadavia, e provocou importantes danos no tellado e no faiado.

Ata a zona foron mobilizados efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, un dos cales quedou atrapado ao colapsar o teito da vivenda e sufriu un golpe nunha perna, polo que tivo que ser trasladado ao Complexo Hospitalario de Ourense.

No operativo participaron tamén efectivos dos Bombeiros do Carballiño, da Policía Local, da Garda Civil, de Protección Civil e do 061. O lume, cuxas causas aínda se descoñecen, quedou sufocado sobre as 3,00 horas.

INCENDIO NUN ALPENDRE

Por outra banda, as chamas consumiron tamén este domingo un alpendre que ardeu practicamente por completo, xunto aos materiais que se almacenaban no seu interior, en Caldas de Reis (Pontevedra). O lume comezou sobre as 20,20 horas no número 9 da rúa de San Roque.

Tras ter coñecemento do suceso, o 112-Galicia mobilizou ata a zona a efectivos dos Bombeiros do Salnés, do GES de Valga, da Policía Local e de Protección Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE