Galicia

Atopan os resto dunha domus romana de 1.800 anos de antigüidade no barrio do Carmen de Lugo
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou este luns da aparición dunha 'domus romana' no barrio do Carmen, nun lateral da capela que leva o mesmo nome.
A Policía Nacional mantén aberta a investigación contra o narcotráfico tras incautar dúas lanchas en Ribeira
A Policía Nacional segue a investigación en relación a dúas lanchas preparadas para o narcotráfico intervidas a semana pasada na localidade coruñesa de Ribeira e non descarta detencións.
O SERGAS dá por "controlado" o brote de orixe familiar que provocou case medio centenar de casos na Mariña
Un brote de Covid-19 de orixe familiar cuns 45 casos positivos detectados en varios municipios da Mariña luguesa permanece "delimitado e controlado".
Rafa Villarino renunciará a ser alcalde de Ourense se o PP apoia a moción de censura contra Jácome
O portavoz dos socialistas ourensáns e secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, renunciou a ser candidato á Alcaldía para que o Partido Popular apoie a moción de censura contra o rexedor de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome.
A Xunta abre este martes o proceso para solicitar unha das 20.000 axudas para a compra de electrodomésticos
Os cidadáns interesados en participar no programa Renove Electrodomésticos poden solicitar desde este martes, 20 de abril (9,00 horas), estas axudas da Xunta coas que prevé chegar a 20.000 fogares.
Los Secretos regresan a TerraCeo, que confirma máis artistas para esta edición

A segunda edición do festival vigués conta xa con 39 artistas e 33 concertos que se celebrarán a partir do 1 de maio, cando Taburete inaugure o espectaculo.

Un detido e unha vintena de sancionados por participar nunha unha festa ilegal nun local de Vigo
O desmantelamento dunha festa ilegal celebrada en Vigo saldouse con 20 denunciados por incumprir as medidas sanitarias, un detido por tráfico de substancias estupefacientes e o levantamento de catro actas por drogas.
Covid escolas: centros escolares á alza con case 100 casos nunha semana e con seis veces máis aulas pechadas

A área de Ourense pasa de non rexistras clases en corentena a ter tres, concentradas no municipio de Xinzo de Limia

Os casos activos en centros educativos galegos seguen á alza, ata os 482, e as aulas pechadas soben a 19

Segundo día consecutivo sen mortes por Covid e terceiro de alivio na presión hospitalaria, pero Galicia segue á alza

Hai unha semana que a comunidade investiu a súa tendencia e esta mantense á alza desde entón. Crece a un ritmo lento pero estable e moitas son as voces que ven nestas cifras a cuarta onda.

A fragata 'Álvaro de Bazán', con base en Ferrol, rexistra un brote que afecta a cinco membros da tripulación
Foron localizados tras realizarlle á dotación test PCR previos á saída facía uns exercicios en Canarias
Covid por concellos: preocupante alza de casos na cidade de Lugo; Santiago pasa a risco baixo e rebota O Grove

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS, atendendo á incidencia acumulada semanal indica que o conxunto da comunidade empeorou desde o inicio da Semana Santa, especialmente na costa, con toda a ría de Arousa significativamente afectada.

​Cervi, desexo do Celta, pasa de imprescindible a gran esquecido

A presenza do arxentino nos plans de Jorge Jesús diminuíu desde xaneiro, cando era un fixo polas necesidades do Benfica.

Practicamente un de cada seis docentes vacinarase "cando lle toque" e non por ser esenciais
Galicia vacinou contra a covid-19 ao 86 por cento do persoal da comunidade educativa, entre docentes e persoal non docente, pero todos aqueles que non chegaron a recibir ningunha dose, o 16 por cento do persoal docente, xa non será inmunizado por ser colectivo esencial, senón que o fará cando lle toque polo seu grupo de idade.
Razóns para mobilizarnos o día 21 de abril de 2021

A precariedade laboral é algo xa endémico do SERGAS: traballar por días e cobrar por horas, por semanas e non pagar a fin de semana, por meses e ter que ir mes a mes a asinar un contrato dunha vacante, son prácticas diarias na “empresa máis irregular que existe”, que é o SERGAS. O tema da inestabilidade e a non conciliación da vida laboral e familiar, é o pan de cada día!

Accidente moral en Pontevedra: falece un motorista ao impactar contra un sinal de tráfico
Un motorista faleceu esta tarde de venres na estrada PO-11 ao chocar contra un sinal de tráfico en Pontevedra, segundo informa o 112 Galicia.
A Xunta concederá a axudas a cinemas, con 350.000 euros de orzamento, e festivais, con preto de medio millón de euros
Monterroso (Lugo) contará cun museo dedicado á actividade comercial na Galicia do Antigo Réxime
Covid escolas: pecha unha escola infantil en Quiroga, a primeira do terceiro trimestre, mentres segue a escalada de casos
Os casos activos de Covid-19 en centros educativos de Galicia --escolas infantís e ensino non universitario-- seguen coa tendencia ascendente e aumentaron a 443, o que implica 18 máis que a xornada pasada, á vez que soben as aulas inoperativas a 13 --unha máis-- e hai un centro pechado --unha escola infantil en Quiroga--.
A mina de Touro aínda está a tempo de recorrer a denegación e quería operar sen Plan de Accidentes Graves


A resolución da Xunta de que tomba finalmente a reapertura da mina, á que tivo acceso Galiciapress e que se pode consultar ao final desta noticia, é recurrible antes do 24 de abril

“Apps e caixeiros non fan funcionar un banco, somos as persoas”, advirte CC.OO. ao fío do ERE en BBVA

Jorge Javier Villarino, secretario xeral da agrupación do sector financeiro de Comisións Obreiras, explica como os modelos pesan cada vez máis en detrimento á atención personalizada que se prestaba nas oficinas bancarias, algo que reflicte o ERE no BBVA, un banco que celebra beneficios millonarios pero que ameaza con destruír ao redor de 3.000 postos de emprego.

Abel Caballero anuncia que se vacinará este domingo e anima a todos os citados a recibir a súa dose
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este xoves que recibirá a primeira dose da vacina contra o coronavirus este domingo, tras ser citado polo Sergas, e animou á poboación para vacinarse.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE