The Champions Burguer arrasa na Coruña, con toda a carne ao lume antes de aterrar en Vigo
O festival gastronómico estará na cidade herculina até o 18 de agosto, antes de saltar á cidade olívica o próximo día 22.

Con queixo, con pepinillo, con ovo, con ketchup, con...flocos de millo, pistachos e salsa de galleta? Hai mil formas de preparar unha hamburguesa e todas elas están dispoñibles durante 12 horas, de xoves a domingo, no Paseo das Pontes da Coruña, onde até 20 propostas distintas compiten por facer co cinto do The Champions Burguer, a cita itinerante que só na cidade herculina xa reuniu a máis de 60.000 asistentes desde o 8 de agosto.
E é que este festival gastronómico persegue atopar á 'Mellor Hamburguesa' e até o 18 de agosto o público pode elixir á máis zumenta da competición nos food trucks cunha vintena de hamburguesas gourmet, ademais de patacas fritas, referescos e cervexas coas que acompañar os manxares.
O pan, a carne, os ingredientes seleccionados...todo se someterá ao escrutinio dos padais máis exixentes, que poderán votar pola súa favorita. Os gañadores competirán na gran final de outono e o que se alce co cetro nacional verallas coas mellores do continente na gran final europea.

Da Coruña, que é a ducia cidade no seu percorrido por toda España, saltarán a Vigo a partir do 22 de agosto, onde estarán batallando unha vez máis até o 1 de setembro na que será a súa última parada en Galicia.
Escribe o teu comentario