Galicia

Os primeiros resultados oficiais indican que Bugallo será alcalde

Xosé Sánchez Bugallo retornaría á alcaldía de Santiago.Con case o 25%, os socialistas lograrían 9 concelleiros; os mesmos que o PPdeG de Agustín Hernández.

"Javier Bas cámara de gas": ​pintadas ameazadoras contra o alcalde de Redondela

“Podes non coincidir coas ideas políticas de alguén, poida que o candidato non sexa do teu gusto, pero isto é inadmisible, inadmisible que ocorra en Redondela”, lamentou o usuario de Twitter que publicou a polémica pintada.

​Polémica ao redor de papeletas deterioradas de Marea Atlántica para que o voto sexa nulo

Alberto Lema, conselleiro na cidade herculina de Emprego e Economía Social, deu a alarma en Twitter mediante unha publicación na que advertía que e estaban “a cortar as papeletas de Marea Atlántica para que as declaren nulas”.

​Aniversarios, tempo coa familia, sendeirismo…así son os plans dos alcaldables na xornada de reflexión

Os candidatos aproveitan o último día antes das eleccións para estar con familiares e amigos. 

Galicia votará aos seus alcaldes a case 30ºC nalgunhas cidades
O sol e as temperaturas máximas en lixeiro ascenso serán os protagonistas nunha xornada electoral no que están chamados a votar preto de 2,25 millóns de electores galegos.
Unha cinta en galego, premiada no festival de Cannes
É o terceiro galardón do director galego nesta cita, tras os recibidos por 'Todos vós sodes capitáns' e 'Mimosas'
Marcha en Cerdeda para pedir a readmisión de oito despedidos en SOGAMA
Medio centenar de traballadores do transporte de residuos sólidos urbanos a Sogama marcharon este venres durante seis quilómetros desde o Mesón do Vento ata as instalacións da compañía na localidade coruñesa de Cerceda, no día que cumpren 39 xornadas en folga indefinida para pedir unha solución ao conflito, "que pasa pola readmisión dos oito compañeiros despedidos e o fin das represalias".
​Luís Rei: "A posición de Marea de Pontevedra é clara, o traslado negociado de Ence"

Galiciapress entrevista a Luís Rei (1958) candidato de Marea de Pontevedra para tentar desbancar a Lores do goberno municipal. Aínda que as enquisas seguen posicionando ao BNG como primeira forza en Pontevedra, a marea pode ser unha das chaves do futuro goberno local. O alcaldable avoga pola saída de Ence da ría de Pontevedra de forma pactada, considera que desde o concello non levaron a cabo medidas efectivas para loitar contra o desemprego e posiciónase como defensor do rural pontevedrés e polas familias afectadas pola construción da A-57. 

​Goretti Sanmartín (BNG): “Santiago sabe que aquí non haberá maiorías absolutas e que non vai gobernar a dereita"

Galiciapress entrevista a Goretti Sanmartín (1964) candidata do BNG á alcaldía de Santiago de Compostela. Como vicepresidenta da Deputación da Coruña mantén a súa postura  de suprimir as deputacións, pero loitar desde dentro e xestionándoas mentres tanto. A edil nacionalista aspira ser a gran sorpresa destas eleccións, avoga por un turismo desestacionalizado e reclama máis políticas feministas. A estratexia de pactos no Pazo de Raxoi tras o #26M é outro dos puntos desta conversación.

A "granxa da morte" de Melide, no ollo do furacán dos grupos animalistas


A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pien inhabilitar "para sempre" aos responsables da granxa onde cans e equinos eran maltratado e abandonados ata morrer de fame. 

Os VTC de Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio
Os Vehículos de Transporte con Condutor (VTC) autorizados en Galicia deberán identificarse cun distintivo obrigatorio a partir deste mércores, segundo informou a Xunta nun comunicado.
Concentración no Hospital do Salnés para reivindicar "un mínimo de 10 celadores máis"
Medio centenar de persoas concentrouse este martes pola mañá no Hospital do Salnés convocadas polo colectivo de celadores para reivindicar "un mínimo de dez" traballadores desta categoría no centro.
(VÍDEO) Unha quenlla de sete metros nas augas de Galicia

Impresionantes imaxes dunha quenlla peregrina alimentanose preto de as costas de Galicia.

​Beatriz Mato (PP): “Só queda un coruñés que di que a cidade está limpa: Ferreiro"

Galiciapress entrevista a Beatriz Mato (1965) que despois do seu case dez anos no goberno de la Xunta, onde tivo as carteiras de Traballo e Benestar primeiro e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio despois, aspira a recuperar a alcaldía da Coruña para o Partido Popular. A ex conselleira responde a este medio que non rexeita alcanzar acordos con outras formacións para chegar a Maria Pita, centra o seu programa na recuperación do emprego e pide solucións inmediatas para Alcoa. 

Falece un surfeiro nunha praia de Porto do Son
Un surfeiro faleceu na Praia do Dique na localidade de Porto do Son, na provincia da Coruña, segundo informou o servizo de emerxencias do 112 Galicia.
Vixilia nos PACs para lembrar o seu ano e medio "en pé de Guerra"
Todas as Áreas Sanitarias de Galicia levarán a cabo este luns unha vixilia para lembrar que se cumpren 18 meses desde o inicio do movemento reivindicativo dos PAC en pé de Guerra.
​Jorge Suárez: “Coñezo a realidade desta cidade: se a esquerda quere entenderse está obrigada a pactar”

Galiciapress entrevista ao alcalde de Ferrol Jorge Suárez (1975) que aspira a un segundo mandato á fronte de Ferrol en Común. O alcaldable leva un “balance máis que positivo” destes catro anos á fronte do goberno municipal, a pesar de gobernar contra a “incomparecencia do rival”. O futuro de Navantia, os motivos do atraso dean as obras da Praza de Armas ou a preocupante perda de poboación na cidade son outros dos temas da conversación. 

Vázquez Portomeñe defenderá en Asturias o modelo de oficialidade para o bable e o galego-asturiano
O exconselleiro de Educación e Cultura de la Xunta (1983-1986 e 1993-1996) e conselleiro de Relacións Institucionais e portavoz do Goberno de Manuel Fraga (1990-1993) Víctor Manuel Vázquez Portomeñe, defenderá esta sábado en Oviedo o desenvolvemento da oficialidade en Galicia e como este modelo sería aplicable para Asturias.
​O SUP reclama máis prazas para os funcionarios en prácticas

O Sindicato Unificado de Policía solicitou 210 prazas para “funcionarios en prácticas da Escala Básica e da Escala Executiva” ante o Delegado do Goberno.

​CSIF impugna pola vía legal a convocatoria de prazas do Servizo de Prevención de Incendios Forestais

O sindicato denunciou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o concurso para os postos de persoal funcionario correspondentes ao ano 2018. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE