Extinguen un incendio xunto á estación de tren en Santiago

O incendio orixinouse nunha leira que non está construída e que se atopa "entre o primeiro edifico da entrada de vehículos da estación de tren e o edifico seguinte".
 


|

Camión bomberos.
Camión bombeiros.

 

 

Os Bombeiros de Santiago interviñeron na tarde deste venres para extinguir un incendio que se activou nas inmediacións da estación de tren da cidade e que xerou unha columna de fume "bastante grande" e que se vía desde distinza zonas.

En concreto, fontes do equipo de Bombeiros consultadas por Europa Press explicaron que recibiron o aviso ao redor das 20.20 horas, cando recibiron varias chamadas nas que alertaban de que se escoitaron "varias explosións".

Con todo, aseguraron que, unha vez no lugar dos feitos, non se atopou ningún bote de spray que puidese xerar esas explosións, polo que "non se sabe o que puido suceder".

O incendio orixinouse nunha leira que non está construída e que se atopa "entre o primeiro edifico da entrada de vehículos da estación de tren e o edifico seguinte".

"O que había alí era matogueira baixa e restos de madeira e de plásticos dunha obra, en total arderon uns 15 metros cadrados de extensión. Tras revisar o perímetro e non identificar ningún bote de spray, tambien avisouse a Adif, xa que estaba preto a catenaria, aínda que se descartou esta causa", relataron estas mesmas fontes.

Con todo, veciños da rúa do Hórreo explicaron a Europa Press que "escoitaron unha explosión, houbo un incendio e que lles entrou fume nas casas".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE