A cura do Alzheimer pode estar nos laboratorios de Santiago

|

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) lidera un proxecto europeo de investigación sobre diagnóstico e tratamento das enfermidades neurolóxicas prevalecentes asociadas ao envellecemento.


Investigadores de Santiago lideran un proxecto europeo sobre enfermidades neurolóxicas asociadas ao envellecemento
Segundo informou a xerencia sanitaria compostelá nun comunicado, o IDIS coordinará durante tres anos a "principal plataforma" da rexión atlántica europea para "innovar no diagnóstico e tratamento de enfermidades neurolóxicas de alto impacto, primordialmente a enfermidade de Alzheimer e o ictus".

Neste primeiro proxecto 'Interreg Atlantic' participan investigadores de Reino Unido, Francia, Portugal e España e está coordinado por investigadores do SERGAS da USC integrados no IDIS.

Coa iniciativa 'NeuroAtlantic' fixan como obxectivo contribuír "a mitigar os devastadores efectos da enfermidade de Alzheimer e do ictus", ademais de buscar "intercambiar experiencias e protocolos de investigación clínica e preclínica" conxuntamente con empresas do sector saúde e biotecnolóxico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress