O PSdeG avisa: o fallo do TJUE non desbloquea eólicos paralizados por motivos medioambientais

A portavoz socialista de Enerxía do Parlamento galego, Patricia Igrexas, sinala que a sentenza "non desbloquea os parques paralizados por razóns medioambientais", do que responsabiliza á Xunta, que "leva 16 anos tramitando cun plan de 1997"
 


|

Archivo - Un parque eólico, a 28 de marzo de 2025, en Muras, Lugo, Galicia (España). El Tribunal Supremo ha dictado una sentencia que despeja el futuro de muchos proyectos de la industria eólica en Galicia. El hecho de que dos o más instalaciones de parqu
 

A portavoz socialista de Enerxía do Parlamento galego, Patricia Igrexas, celebra o fallo do Tribunal de Xustiza da Unión Europea que avala que non haxa que someter a acceso público os informes sectoriais en proxectos eólicos, polo que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) "mantiña paralizado o desenvolvemento de numerosas actividades", pero "tras este fallo vanse a poder pór en marcha".

Con todo, advirte de que a sentenza "non desbloquea os parques paralizados por razóns medioambientais", do que responsabiliza á Xunta, que "leva 16 anos tramitando cun plan de 1997".
 

 

 

 


A xuízo do PSdeG, a decisión do TJUE deste venres "avala a defensa do Goberno de España" respecto do sector eólico, á vez que "desmantela a propaganda do PP". De feito, cre que "é un claro respaldo ao bo facer do Executivo progresista, que defendeu este caso e que conseguiu unha resolución que achega seguridade xurídica ao sector".

 

 

 



Así, a Xunta "debería recoñecer este éxito institucional, porque mesmo a entón ministra Teresa Ribera ofreceu colaboración e apoio ao Goberno galego nesta materia desde o minuto un, ao estar tratando unha lei estatal", explica a parlamentaria socialista.

No entanto, Patricia Igrexas deixa claro que non se desbloquean os suspendidos polo TSXG por motivos medioambientais, dado que responsabiliza á Xunta de seguir unha normativa "obsoleta" que non se adaptou ás directivas comunitarias de hábitats nin á ampliación da Rede Natura. Reprocha que tampouco se modificou para acomodala á zonificación que se desenvolveu desde o Estado, como si fixeron outros territorios, incide, "comunidades que agora son líderes en renovables, como Aragón, Castela e León ou Valencia".
 

 

 

 


Nese sentido, a deputada alerta de que o Goberno de Rueda "segue autorizando parques en zonas ambientalmente non aptas". Por iso, recrimina que a Xunta do PP leva anos "dando bandazos sen facer os deberes e afundindo ao sector nunha inseguridade xurídica sen precedentes". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE