Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Pontevedra, co 99% escrutado, deixan ver como o voto segue fluctuando entre os socialistas e os populares e a caída de Cidadáns, que neste escenario perdería a acta de Beatriz Piñeiro.
Os datos do Ministerio do Interior na provincia da Coruña, co 99% escrutado, deixan ver como o voto a PP e PSOE mantense, aínda que cunha subida dos populares en comparación cos anteriores xenerais e a irrupción dos nacionalistas.
Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Ourense, co 99% escrutado, deixan ver como o voto, en comparación cos anteriores xenerais, segue igual de repartido na provincia, con dous escanos tanto para populares como socialistas.
Os datos do Ministerio do Interior na provincia de Lugo, co 99% escrutado, deixan ver como o voto mantense equilibrado para PPy POSE en comparación cos anteriores xenerais,
Estes son os resultados dunha enquisa de GAD3 para as emisoras públicas.Non se trata dunha enquisa a pé de urna, senón dunha sondaxe realizada entre o 25 de outubro e o 10 de novembro para RTVE e a FORTA, as emisoras públicas.
As mulleres europeas, en consecuencia as galegas, traballan gratis desde o pasado xoves, 7 de novembro, ata final de ano debido á brecha salarial, que mostra a diferenza dos salarios medios entre homes e mulleres, que aumentou no último ano do que se teñen datos.
Despois de revisar os efectos que terá a subida do nivel do mar en cidades como A Coruña e Vigo e nunha das zonas máis turísticas de Galicia como é a Ría de Arousa, Galiciapress pon o foco na comarca de Ferrolterra, unha das zonas que tiveron unha dependencia histórica do mar e o sector naval, que sen dúbida se vería terriblemente condicionado polos efectos do cambio climático.
Os socialistas coruñeses denuncian a “inacción do Goberno de Feijóo” para evitar o peche da factoría, na que os traballadores levaban meses pelexando polos seus empregos.
Axentes da Policía Nacional ha detido a oito persoas en Lugo por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas no marco dun operativo que se desenvolveu nos últimos 11 meses no que foron intervidos dous quilos de haxix e dez de marihuana, entre outros efectos.
Freire Mozo SL (Airas Nunes Cátering) deixará de prover desde o seu central os alimentos e os utensilios de cociña para as escolas infantís da Xunta, tal e como decretou a Consellería de Política Social. A ese respecto referiuse Alberto Núñez Feijóo en rolda de prensa, quen cuestionado por este medio admitiu que os episodios de intoxicacións “aínda que leves” para a Xunta “non son admisibles”.
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, respondeu o líder de VOX a partir das preguntas de Galiciapress. “Dicir que Feijóo é ‘nacionalista’, ademais dunha broma, é un insulto á maioría dos galegos que votan a un partido non nacionalista como é o Partido Popular de Galicia”, reprochou Feijóo a Abascal, non sen antes reafirmar que Galicia é unha Nación histórica “porque está recollido na Constitución e porque é a definición correcta, legal e política de Galicia desde o ano 1978”.
O líder de Unidas Podemos e candidato á presidencia do Goberno de España foi unha das moitas personalidades que quixo dar o seu apoio aos manifestantes, que cumpren xa 24 horas de parón ininterrompido e que está noite encerráronse na facultade. Galiciapress atendeu as súas denuncias antes de iniciar as mobilizacións.
O ano pasado os dous centros hospitalarios vigueses sufriron os efectos da epidemia de gripe, que desbordou por completo a capacidade da área sanitaria olívica para absorber tal cantidade de pacientes, como ocorreu noutras áreas galegas. Aínda que hai outros aspectos que sen dúbida xogan un papel fundamental á hora de facer fronte a estes colapsos, que os profesionais e pacientes conten cun bo número de camas e en boas condicións xa é significativo.
Un grupo de empregados de Reygamosa, empresa auxiliar de Alcoa, manifestouse ante a factoría lucense de San Cibrao, en Cervo, para pedir á multinacional estadounidense a subrogación e que Alcoa asuma as mesmas condicións laborais que teñen na súa actual empresa, a cal renunciou á concesión que tiña para o mantemento mecánico no departamento de dixestión da planta.