Présas do Concello de Lugo para abrir o Novo Auditorio "canto antes"

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou este venres que quere abrir "canto antes" o novo auditorio, unha infraestrutura rematada fai tres anos, en 2016, pola Xunta de Galicia e que está pendente de asumir o Concello.

|

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, asegurou este venres que quere abrir "canto antes" o novo auditorio, unha infraestrutura rematada fai tres anos, en 2016, pola Xunta de Galicia e que está pendente de asumir o Concello.


A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez.

"O tempo vén corroborar o que viñamos dicindo desde xuño, porque nós pedímoslle á Xunta que nos pasase toda a documentación en aras de tentar axilizar isto o máximo posible", comentou aos medios a rexedora.

"O maior interese que temos nós na defensa dos intereses da cidade de Lugo é ter canto antes o auditorio aberto para poder gozar desta infraestrutura, e en xuño xa lle lembramos á Xunta que nos pasase toda a documentación", abundou Méndez.

Entre esa documentación o que reclama o Concello de Lugo é o "modificado" (do Auditorio) para poder verificar, corroborar e darlle o impulso definitivo". "De feito leste mesmo martes a Xunta rexistrou catro cds onde vén o modificado realizado en 2012 que é o que agora os técnicos teñen que comprobar e unha vez feito este traballo aprobar en xunta de goberno este modificado, trámites que nós trataremos de axilizar", comprometeu.

Así mesmo, Méndez subliñou que "o feito de que a Xunta rexistrase eses catro CDs (de moficiado) vén ratificar o que viñamos dicindo desde xuño", aclarou para engadir que "toda gran obra, todo gran proxecto moitas veces desde o proxecto inicial ao final hai modificados, por cuestións técnicas, ou por imprevistos que van xurdindo".

"Que haxa un modificado é normal dentro dunha obra dese calado, iso entra dentro da normalidade e é o que lle estabamos pedindo á Xunta, sendo conscientes de que había ese modificado de 2012 e era o que se lle estaba pedindo. Nós temos o proxecto inicial e o modificado non, e temos que corroborar que o que hai a día de hoxe adáptase con ese proxecto modificado para darlle o OK", recalcou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE