A facultade de Medicina de Santiago plantouse este martes ante os problemas do centro. Galiciapress recolleu as súas denuncias e o alumnado baleirou as aulas este martes nunha xornada de paro, concentracións e reivindicacións para tentar que lla Universidade de Santiago aborde as carencias que sofre tanto a docencia e a organización das clases como o estado do inmoble.
A pesar do repunte do pasado setembro que puxo o prezo do leite en 31,5 céntimos por litro (medio céntimo máis con respecto a agosto), os produtores galegos mantéñense en última posición en canto a competitividade e está máis dun céntimo por baixo da media española, hoxe en 32,6 céntimos por litro.
Os estudantes de medicina da Universidade de Santiago de Compostela non van tomar un só apuntamento máis a partir deste 5 de novembro. Representantes da Asemblea Aberta de Medicina, plataforma convocante da folga, atenden a Galiciapress para profundar nas súas reivindicacións, onde a incompatibilidade de horarios, as prácticas oficiais ou o trato irrespetuoso dalgúns docentes son os motivos para esta folga que obriga aos futuros médicos de Galicia a colgar momentaneamente bátalas brancas e poñerse o mono de traballo para cambiar a súa carreira.
Galiciapress entrevista a Miguel Ángel Fernández (1973), candidato por Vox na Coruña e presidente da xestora do partido na comunidade. O avogado especializado en familia repite como cabeza de lista na provincia despois de que Vox non lograse sacar representación en Galicia nas pasadas eleccións do 28 de abril. A forza liderada por Santiago Abascal espera reverter a situación nunha comunidade autónoma que se lle resiste e amarrar votos grazas á inestabilidade política, o conflito catalán e a perda de votos de Cidadáns, tal e como reflicte este cuestionario que supón a quinta das entrevistas electorais en Galiciapress, despois das dos candidatos de BNG, Cs, En Común UP e PP.
O estudo científico publicado pola revista de divulgación científica Nature anuncia que a subida do nivel do mar no próximas tres décadas pon en xaque a vida de 300 millóns de persoas que residen en zonas costeiras. Zonas que, de manter o ritmo de contaminación actual, quedarían mergulladas pola auga. Se no artigo anterior Galiciapress alertaba do efecto que esta subida pode ter para cidades como A Coruña ou Vigo, agora poñemos o foco na comarca do Barbanza, que conta con algunhas xoias do patrimonio ecolóxico e cultural galego.
O Partido Popular ha reclamado que se cumpran os prazos para a chegada da Alta Velocidade a Galicia, mentres que o BNG criticou as infraestruturas ferroviarias do país. Pola súa banda, desde o PSdeG e Máis País apelaron á cidadanía para non quedarse na casa o próximo día 10 e votar de forma masiva.
O Parque Eólico Serra do Oribio vive nun limbo administrativo impredicible. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia paralizou as obras ata que os promotores non actualicen unha Declaración de Impacto Ambiental de hai 14 anos e para un grupo de veciños da zona o fallo xudicial supón un verdadeiro pau. Unha plataforma veciñal avoga por reactivar o proxecto, que traería consigo diñeiro e melloras na contorna beneficiosas para os veciños, a pesar do impacto paisaxístico e ecolóxico que supón o complexo.
A morte e Galicia sempre foron da man. Proba diso é que unha das nosas costas leva o nome da parca ou as moitas supersticiones que acompañan á cultura popular galega. Con todo, esta terra garda algúns dos cemiterios máis curiosos de España, cheos de referencias literarias ou directamente baleiros. No Día de Todos os Santos, no inicio do Samaín, Galiciapress percorre algúns dos máis coñecidos.
A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións (FGAMT) da CIG alerta que a comunidade leva desde o pasado 24 de outubro co helicóptero de servizo de Gardacostas de Galicia 'Pesca 2' fose de servizo. "Isto supón un problema grave de seguridade no mar", denuncia.