​As tardes dos venres libres nas oficinas de Inditex pero Zara nega "a conciliación laboral e familiar" a unha dependenta

A sección sindical de UXT de Zara na Coruña organizou a protesta deste luns perante o xulgado da cidade herculina para denunciar que Zara, marca da multinacional Inditex, "non permite conciliar a vida laboral e familiar a unha traballadora".


|

A sección sindical de UXT de Zara na Coruña organizou a protesta deste luns perante o xulgado da cidade herculina para denunciar que Zara, marca da multinacional Inditex, "non permite conciliar a vida laboral e familiar a unha traballadora".


Zara

Tenda de Zara


"A empresa négase a darlle un horario adecuado para poder coidar do seu fillo. Despois de que a traballadora reducise a súa xornada e solicitase un horario que lle permita coidar do seu fillo, achegando todo tipo de xustificación, a empresa non lle concede o horario", denuncia o organismo sindical.


Desde UXT tamén lamentan as trabas e impedimentos que pon a empresa a esta traballadora mentres festexa que en 2020 os traballadores das oficinas de Inditex non traballasen os venres pola tarde. "Resulta curiosa esta noticia cando doutra banda nega ás traballadoras das tendas un horario para coidar aos seus fillos", comentan.




"Nun momento onde todo está enfocado a facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, Inditex fai todo o contrario para o groso dos seus traballadores e traballadoras, as das tendas", critican desde UXT, antes de advertir que este tipo de casos "parece" que van ser "unha constante dentro do grupo Inditex". 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE