O BNG non pecha a porta a Sánchez pero advirte que o PSOE non ten garantido o apoio nacionalista
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asegurou que "Sánchez faría moi mal en facerlle caso aos que din que o voto" do seu partido a favor da investidura do Goberno de coalición de PSOE e Podemos está garantido.
A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asegurou que "Sánchez faría moi mal en facerlle caso aos que din que o voto" do seu partido a favor da investidura do Goberno de coalición de PSOE e Podemos está garantido.
A portavoz do BNG Ana Pontón
Tras unha semana na que medios de comunicación e distintas forzas políticas estiveron barallando as posibilidades que existen de que o Goberno entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias salga adiante, Pontón subliñou que o BNG non poñerá "liñas vermellas" pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".
A principios da próxima semana o deputado no Congreso polo partido, Néstor Rego, reunirase en Madrid cos encargados da negociación. "Atoparán un partido disposto a falar", pero "dialogar non é compartir un monólogo" ditado por outros grupos políticos, precisou Pontón.
As principais condicións do Bloque pasan por "a receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidad", explica. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana.
MURO DE CONTENCIÓN
Na intervención de Pontón, este sábado tras a celebración do Consello Nacional do partido, destacou a "dobre satisfacción" que supón este novo panorama político. Primeiro porque os nacionalistas volveron ao Congreso despois de catro anos sen representación e despois porque o BNG converteuse "no muro de contención fronte á extrema dereita xenófoba, machista e racista de Vox" en Galicia.
REGO: "EXPERIENCIA, RIGOR E SERIEDADE"
O apoio de case 120.000 galegos reflectirase agora na figura de Néstor Rego, "unha persoa con experiencia, visión política, rigor e seriedade", apunta Ana Pontón, uns "valores" que ao seu xuízo son moi "importantes" nos tempos da "política líquida".
Escribe o teu comentario