​Ultimato dos ultras ao Deportivo da Coruña: “Dépor ou morte”

O estadio de Riazor amence con pintadas do grupo ‘Riazor Blues’ cargando contra a entidade e os xogadores despois dunha nova derrota do club. 


|

O estadio de Riazor amence con pintadas do grupo ‘Riazor Blues’ cargando contra a entidade e os xogadores despois dunha nova derrota do club.


Fans depor

Os afeccionados increpan aos xogadores tras perder en Almendralejo  | Foto: RC Deportivo


Hai moito tempo que desbordou o vaso da paciencia dos afeccionados do Deportivo da Coruña, pero agora o recipiente está a piques de facerse cachizas. Unha nova derrota ante un rival directo, 15 xornadas sen gañar e na última posición da táboa teñen ao club herculino ao bordo do precipicio da Segunda División B, unha categoría onde a existencia do cadro coruñés non está nin moito menos asegurada. A imaxe dado polo equipo en desde a chegada de Luís César ao banco branquiazul, lonxe de cambiar a que viña dando con Anquela, é a dun equipo sen alma, incapaz de golpear ou de encaixar os golpes. O 2-0 ante o Estremadura pode supoñer un punto e aparte na relación do club cos seus incondicionais.


“ACABOUSE A PACIENCIA”

A semana pasada os ultras xa deron un toque de atención cando foron a pedir contas aos pesos pesados do persoal á saída do estadio. Pero a nova derrota provocou que os Riazor Blues manden un ultimato ao club. “Acábase o tempo de reacción, a situación empeora cada semana e acabouse a paciencia”, denuncian os ultras. “Xa é hora de recuperar o noso escudo e a nosa honra”, anuncian.




As pintadas no estadio rezan ‘Fóra do Dépor ratas’ ou ‘Dirección Dimisión’. “ Non aturamos máis a un equipo que non compite e arrastra o escudo cada xornada, xa nos fartamos da nefasta xestión que xogan co noso club. Polo que nos doe, pola rabia que nos provocan os culpables, acabouse a paciencia”, proclama o grupo ultra, que sinala a todos os actores da entidade como culpables do ritmo do equipo.


Afeccionados deportivo

A afección do Dépor está decepcionada e preocupada polo seu equipo | Foto: RC Deportivo


MANIFESTACIÓN

Neste clima de crispación xeral, os Blues organizaron unha concentración o vindeiro venres 22 ante a sede da entidade, na Praza de Pontevedra, ás 20 horas.



“Todos fose! Dépor ou morte!”, proclaman uns ultras que xa prenderon os fachos e agarraron os tridentes. A revolución no Dépor, contra prognóstico,  empeza polo terceiro estado. E bastante se non acaba nunha guerra civil. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE