A Deputación de Lugo prepara o ‘En Camiño contra as Violencias’ para o 25N
45 das 67 localidades lucenses, o que supón o 70% da poboación de toda a provincia, participan á campaña ‘En Negro’ que denuncia a violencia machista.
45 das 67 localidades lucenses, o que supón o 70% da poboación de toda a provincia, participan á campaña ‘En Negro’ que denuncia a violencia machista.
Campaña En Negro | Foto: depulugo
Maria Loureiro, deputada de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo, presentou esta semana as actividades que o organismo provincial ten programado para o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
“A institución renova o seu compromiso coa campaña ‘En Negro’ contra a violencias porque temos unha vontade firme contra a violencia de xénero e os asasinatos machistas”, subliñou Loureiro. Dos 67 concellos de Lugo 45 participan no programa, o que supón un 70% da poboación luguesa.
🙋 O #25N o Centro de Formación Audiovisual da @depulugo ponse En Camiño contra As Violencias. Acompáñalos? 💜 👉 https://t.co/RlF0fZFxx2 👇 https://t.co/v0IQxBgOkK
— Deputación de Lugo (@depulugo) November 22, 2019
Ademais da marcha ‘En Camiño contra as Violencias’, que terá lugar o día 25 ás 11:30 horas no Centro de Formación do Servizo de Audiovisuais e onde todos os participantes vestirán de negro, hai programadas diversas actividades. Con todo, a marcha, que contará con catro coreografías que plasmarán o proceso que sofre unha vítima da violencia de xénero, será o momento máis reivindicativo da xornada.
“Queda moito por facer; temos a obrigación de redobrar esforzos nesta loita”, sentenciou Loureiro.
Escribe o teu comentario