A fichaxe do centrocampista parece enquistado, aínda que o xogador deu pasos definitivos para ingresar nas filas do Celta de Vigo, mentres que por Tello o cadro olívico ten unha feroz competencia para a súa contratación.
O episodio rexistrado no Hospital Álvaro Cunqueiro a semana pasada, no que unha nai di que tivo que facer de tradutora do seu fillo pola incapacidade da pediatra que atendía ao menor para entender o galego, reabriu o debate sobre o marco regulador do uso da lingua propia nos servizos públicos.
Este mércores 22 de xaneiro comeza o proceso para buscar aos responsables das verteduras contaminantes, que poden supoñer un delito contra o medioambiente, polos desbordamentos das balsas do río Brandelos e a balsa de Ameneiro.
O tema 'Oie Gayeg' é unha crítica con moito humor a todos os clichés que temos que soportar os galegos e galegas dentro e fóra de Galicia.
Membros da plataforma ‘Libera!’ acudiron aos montes onde se realizan os torneos con chifres para alertar aos animais da presenza de cazadores.
O Concello de Vigo volverá centrar na súa iluminación do Nadal a súa promoción na Feira Internacional de Turismo (Fitur), onde tamén presentará distintos eventos, como os concertos estivais e a festa da Reconquista.
O de Guadalupe consumou o cambio de camisetas que viña anunciando desde hai días.
Cobre San Rafael, promotora do proxecto de reapertura da mina de Touro-O Pino, cifrou o seu investimento acumulado, ao termo do pasado ano, en 7,5 millóns de euros, un diñeiro destinado ao proceso de apertura da mina.
O Concello de Ortigueira (A Coruña) presentou este venres, ante os seus veciños, a 42º edición do Festival internacional do Mundo Celta, que terá lugar nesta localidade do norte de Galicia entre os días 16 e 19 de xullo.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas dá ao Partido Socialista Obreiro Español un mellor resultado en Galicia que a nivel nacional, xa que na comunidade galega obterían un respaldo do 28,4%, un 3,3% máis que a nivel nacional.
O episodio ocorrido hai uns días no hospital vigués, onde unha nai tivo que facer de tradutora do seu fillo despois de que unha pediatra reclamase "de malas maneiras" que o menor se dirixise a ela en castelán e non en galego, obrigou á área Sanitaria de Vigo a recoñecer o dereito dos usuarios para ser atendidos na súa propia lingua. O BNG pide "responsabilidades" e esixe unha "rectificación" da Consellería.
Catro equipos pugnarán polo cordón autonómico a partir deste sábado ás 17 horas na III Edición do campionato galego de Roller Derby.
A Xunta apelou á "corresponsabilidade" dos accionistas de Hijos de J. Barreiras e lembrou que "no pasado Galicia estivo á altura das circunstancias de Barreiras e agora toca que Barreiras estea a altura das necesidades de Galicia", ao aludir o apoio recibido polo estaleiro no pasado.
A atleta pontevedresa acaba de incorporarse ao equipo de embaixadores que apoian á Fundación Adecco no proxecto #EmpeloParaTodos.
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considerou "imprescindible" que Galicia estea incluída no fondo de transición xusta votado este mércores na Eurocámara dentro do Pacto Verde Europeo.