Unha mina de estaño en Ourense permite a investigadores do CSIC sintetizar o coltán por primeira vez

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) lograron obter por primeira vez en España niobio e tántalo, dous materiais coñecidos como o "ouro negro" a partir dunha mina de estaño de Ourense. Estes dous elementos son fundamentais para fabricar teléfonos móbiles, xa que forman o coltán a partir da escoria xerada pola obtención do estaño.


|

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) lograron obter por primeira vez en España niobio e tántalo, dous materiais coñecidos como o "ouro negro" a partir dunha mina de estaño de Ourense. Estes dous elementos son fundamentais para fabricar teléfonos móbiles, xa que forman o coltán a partir da escoria xerada pola obtención do estaño.


Investigadores españois logran obetner coltán a partir de dous materiais enontrados nunha mina de Ourense
O equipo do CENIM desenvolveu un proceso para conseguir estes dous elementos tras recuperar estaño dunha mina de Ourense e extraer a escoria resultante, dúas dos metais máis valorados pola industria tecnolóxica.


UNHA MINA ÚNICA EN EUROPA

Trátase dos primeiros compostos desas materias primas sintetizados en España na primeira e única mina para a súa extracción de toda Europa.

O investigador do CSIC no Centro Nacional de Investigacións Metalúrxicas (CENIM) Félix Antonio López, explicou que o coltán é o termo coloquial para denominar a mestura de niobio e tántalos e forma parte dos minerais que a Unión europea considera "estratéxicos" polas súas propiedades para fabricar a maioría dos dispositivos electrónicos, desde smartphones a consolas de videoxogos.

En concreto, o tántalos úsase principalmente para elaborar de condensadores, xa que é capaz, na súa forma de óxido, de acumular carga eléctrica de maneira moi eficaz e liberala cando é necesaria en circuítos integrados.

López lidera o proxecto ESTANNIO, en colaboración coas empresas Strategic Mineral e KROWN, que busca deseñar procesos para aproveitar os residuos mineiros da mina de Penouta, na aldea de Viana do Bolo (Ourense), a única mina en Europa na que se explotan estes minerais estratéxicos.

A empresa Rumasa explotou este xacemento ata o seu peche en 1982, o que provocou unha gran cantidade de residuos que conteñen estes valiosos minerais.

O rápido aumento da demanda e o feito de que a súa obtención estea vinculada a zonas con explotación infantil e conflitos bélicos, como o Congo, fan esencial lograr unha alternativa que permita obter estes minerais en zonas libres de conflitos, caso dos países europeos.

"Desde que a empresa mineira renovou a actividade hai uns meses --explica Francisco Polonio, director de Strategic Minerals--, están a procesarse as balsas e vertedoiros da antiga mina e estase iniciando a explotación do xacemento ao descuberto, de onde se extraen estaño, tántalo e niobio, e adicionalmente cuarzo, feldespato e mica", engadiu.


Csic galicia coltan

O CSIC traballa en a mina de Penouta, en Viana do Bolo | FOTO: CSIC 


A partir dos minerais extraídos na mina, un equipo de investigadores do CENIM desenvolveu un proceso que permite obter estaño de alta pureza e posteriormente, da escoria resultante, compostos de niobio e tántalo.

"O niobio e o tántalo son dous elementos con moita afinidade química e a súa separación selectiva é complicada. Para iso, temos que separar primeiro o estaño e despois aplicar un proceso laborioso para obter sales comerciais tanto de niobio como de tántalo, e facelo ademais con rendementos e purezas atractivas para a súa explotación comercial", explicou o investigador.


PROCESOS

Os científicos desenvolveron unha serie de procesos químicos cos que conseguen separar estes valiosos metais, a través de distintas etapas de lixiviación e extracción con disolventes orgánicos, e alcanzar unha calidade comercial que non se pode lograr cos métodos tradicionais.

Deste xeito, obtiveron lingotes de estaño cunha pureza do 95 por cento e as primeiras de sales de niobio e tántalo cunha calidade comercial de ata un 97 e un 99 por cento respectivamente. Espérase que a vida últil desta mina será, polo menos, de 35 a 40 anos.

A diferenza doutros proxectos, os traballos na mina de Penouta non produciron rexeitamento social, xa que a súa reactivación xerou emprego no municipio. O director de Strategic Minerals asegura que tampouco hai risco medioambietnal porque o proceso de otener estes concentrados non o implica.

Dentro do proxecto ESTANNIO instalouse unha planta comercial de fusión para a obtención de estaño en Salamanca e unha planta piloto hidrometalúrgica de obtención de niobio e tántalo no CENIM.

É a primeira explotación comercial que produce os tres elementos simultaneamente. O proxecto estudará a posible obtención de metais de terras raras, principalmente cerio e lantano, tamén estratéxicos para Europa.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE