​O 'City Manager' de Jácome cobrará máis que o presidente do goberno: 7.000 euros ao mes

O alcalde ourensán anunciou o pasado decembro que sopesaba a contratación dunha persoa para a figura dun "Director Xeral de Administración Pública" para encargarlle a xestión dos temas de corte burocrático. A creación deste novo posto no organigrama do goberno auriense supón un novo acordo entre DO E PP para fichar ao ansiado 'City Manager', algo que presumiblemente se fará oficial este venres.

|

Jácome

O aclade de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome

Segundo apuntan diversos medios locais, o pleno do Concello de Ourense será o que autorice este venres a creación deste novo posto, que estará retribuído cun chan de 86.000 euros ao ano; máis de 7.000 euros ao mes. Isto contrasta con o soldo do presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, cun soldo fixado en 84.845,16 euros ao ano.

Este novo soldo supón un custo notable nas arcas municipais, xa que o custo fixo dos salarios brutos no goberno ourensán situarase por encima dos 1,3 millóns de euros, unha cifra astronómica para un goberno que prometía acabar cos dispendios innecesarios se chegaban á alcaldía.

REDUCIR A BUROCRACIA

O gasto extra, lonxe de amedrentar a Jácome, animouno a reforzar a súa postura. "Para aumentar a produtividade municipal hai que reducir a democracia", argumentou en redes sociais hai dous días.

Aínda non están do todo definidas as funcións deste novo cargo, aínda que se se espera que a persoa sexa encárgaa de levar o día a día do concello, redeseñar a súa estrutura e supervisar as ordenanzas municipais.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE