O deputado Juan Carlos Francisco, un dos impulsores das medidas parlamentarias contra as “comisións abusivas impostas por Abanca”, atende a Galiciapress para debullar un problema que afecta por centos de miles de persoas.
Os datos do Servizo Galego de Saúde indican que a comunidade segue rebaixando o seu número de casos activos de coronavirus por segundo día consecutivo e que hoxe conta con case medio centenar de casos menos que onte. Con todo, e aínda que o descenso é bastante pronunciado, as áreas de Vigo e Ourense seguen arroxando datos que lastran a evolución de Galicia no seu conxunto. O escenario en Pontevedra, en cambio, parece mellorar.
Cando un fenómeno de carácter destrutivo como este de os incendios forestais consegue tales dimensións (40.000 hectáreas de media anual, o 25% da superficie total queimada en España) e presenta tal regularidade (todos os anos) ben se pode dicir que estamos diante dun gran problema social e sistémico tanto porque afecta a toda a sociedade galega como porque está relacionado indiscutiblemente coa súa historia máis recente.
Os datos do Servizo Galego de Saúde evidencian que a provincia de Pontevedra concentra a día de hoxe a maioría de novos casos de coronavirus en Galicia. As áreas de Pontevedra e Vigo acaparan hoxe a práctica totalidade de novos casos positivos rexistrados na comunidade galega, mentres que no resto de áreas a incidencia da enfermidade parece dar pasos que parecen dirixidos a unha retirada.
Unha eurorrexión competitiva, moderna e que aposta polas políticas da economía circular. Eses foron algúns das propostas xurdidas da primeira 'Conferencia de alcaldes Post Covid-19' organizada polo Eixo Atlántico.
Unha parella de boirenses denuncia para Galiciapress a inacción do SERGAS despois de permanecer en corentena máis dunha semana á espera de que lles realicen unha proba PCR tras acudir a Urxencias o pasado luns.