​A Mesa inicia este mércores a reconquista do galego entre os máis pequenos co regreso do Xabarín

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este mércores 30 de setembro a súa iniciativa popular para a creación dunha canle con programación orientada ao público infantil e xuvenil. 


|

A plataforma A Mesa pola Normalización Lingüística presentará este mércores 30 de setembro a súa iniciativa popular para a creación dunha canle con programación orientada ao público infantil e xuvenil.


A proposta parlamentaria popular conta con ao redor de 8.000 firmas de cidadáns que apoian a iniciativa


Xab cartaz A3

Deseño de Kiko Dasilva para a campaña | Imaxe: A Mesa


A intención da Mesa é exercer presión para que tanto a Xunta como a CRTVG poñan en marcha medidas que aumenten a oferta do galego na televisión pública. Para lograr ese fin a plataforma propón rescatar ao Xabarín, un programa que nos anos 90 serviu como trampolín para que miles de nenos e nenas tivesen un contacto constante coa lingua do país por medio das series de moda naqueles momentos.


Por medio dese modelo, na Mesa propoñen unha canle “con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega, dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñible en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada que conten ademais con programas e xogos”.


Na mesma liña, a plataforma loita para “garantir a opción dobrada e subtitulada ao galego nas plataformas dixitais e que TVE emita con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil”.



“O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua  RTP - TVG en Galicia e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias”, reclaman desde A Mesa.


Marcos Maceira, presidente da entidade, lembrou recentemente a necesidade de contar “cunha TVG comprometida coa súa función normalizadora e de dar visibilidade a toda a variedade e riqueza da cultura galega, nomeadamente no ámbito infantil e xuvenil”. Esta necesidade chega nun momento no que a lingua galega atópase en declive, especialmente entre os máis novos, algo que sen dúbida vai da man pola escasa presenza da lingua galega na programación televisiva.  


GRAN DIVERSIDADE DE APOIO

A esta proposta sumáronse diversos colectivos, como, AGAG, AGEM, AGPI, AGPTI, Escena Galega, Músicas ao vivo e a Asociación de Profisionais dá Dobraxe, ademais de artistas como Magín Blanco, Paco Cedeira, Gloria Mosquera ou Fran Amil, entre outros.


Do mesmo xeito, empresas como Apiario, Baobab, Charlatana, Culturactiva, Editorial Galaxia ou Xerais, así como colectivos sociais e sindicatos como Erguer, CIG, CSIF, ANPAS Galegas ou a Federación Galiza Cultura tamén deron o seu apoio. Algúns tamén estarán presentes no acto de presentación, que estará marcado polas medidas de seguridade marcadas polo protocolo COVID. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE