Galicia

O Concello de Ponteareas lanza un aviso aos veciños logo de superar os 90 casos activos de coronavirus
O goberno local de Ponteareas (Pontevedra) fixo un chamamento ao cumprimento das restricións establecidas para conter a pandemia tras roldar durante esta semana o centenar de casos activos de COVID-19, que este xoves situáronse en 93.
Os sindicatos aceptan as condicións do Sabadell para fixar un tope de 45 despedimentos en Galicia
O axuste en Galicia, onde o banco ten 461 traballadores, afecta sobre todo na Coruña e Pontevedra
Baltar volve enfrontarse á Xunta ao apoiar publicamente ao xinecólogo expedientado en Verín
A sesión ordinaria do Pleno da Deputación de Ourense aprobou este venres por unanimidade unha moción na que se expresa o respaldo da institución provincial ao xefe de xinecoloxía do Hospital de Verín, Javier Castrillo.
José Manuel Díaz Barreiros renuncia a presidir a CEG só dous días despois de gañar as eleccións
O presidente da confederación de empresarios de Galicia (CEG), José Manuel Díaz Barreiras, presentou a súa renuncia despois das "dúbidas manifestadas por asociados" que "poñen en dúbida a legalidade" das eleccións celebradas o pasado martes.
A Xunta crea o "seguro coronavirus": asistencia, transporte e aloxamento garantido para os turistas positivos no Ano Santo
O plan de choque para o turismo terá 35,7 millóns en 2021, haberá cribados en hostalería e ampliarase o bono turístico
O galego só puntúa; protesta a Mesa tras o anuncio de suprimir o idioma para traballar no SERGAS

A Xunta de Galicia anunciou esta semana que Sanidade valora a posibilidade de suprimir temporalmente o requisito de que os profesionais sanitarios coñezan o galego para así abrir o abanico de posibilidades para contratar novo persoal.

O servizo de limpeza do Cunqueiro presenta "enormes deficiencias" segundo o BNG, que pide explicacións á Xunta
O BNG pedirá "explicacións" á Xunta sobre as medidas de "control" que aplica sobre o servizo de limpeza do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que presenta "enormes deficiencias".
Incautan roupa e calzado falsificados por valor de máis de 4.000 euros en Tui
A Garda Civil incautouse dunha partida de roupa e calzado supostamente falsificados e que lle foron intervidos a un condutor durante un control de tráfico en Tui (Pontevedra).
O sueste de Ourense é a zona con menos coronavirus en Galicia, con Vigo aínda como punto crítico

A análise xeográfica dos últimos datos do SERGAS aínda lanza panoramas radicalmente distintos en diversos puntos de Galicia. Mentres que o sueste de Ourense ou a fronteira de Lugo con Castela e León conta con moitos municipios no nivel 0, comarcas como a da Limia, Costa da Morte ou Vigo ofrecen as cifras máis preocupantes nestes momentos. 

Brote na residencia de Gondomar: 65 positivos máis elevan os casos a 89 residentes afectados e 16 traballadores

O brote de coronavirus detectado na residencia de maiores Vila do Conde, da localidade pontevedresa de Gondomar, afecta xa a 89 usuarios e a 16 traballadores, segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería de Política Social.




Galicia sae de "risco extremo" ao baixar de 125 positivos semanais de coronavirus por 100.000


Ademais, a media da taxa de positividade tamén cae, despois dunha semana de preocupante escalada. Galicia segue sendo a autonomía peninsular con menos risco, segundo o semáforo oficial do Estado.

Primeira pedra das obras do Orbital de Santiago, "un antes e un despois no desenvolvemento" da capital
A ligazón conectará a A-54 coa AP-9 e desconxestionará as entradas á capital galega e aos polígonos empresariais periféricos
​A rede de plataformas ‘Non Minas’ da península traslada a MITECO a súa “folla de roteiro” por un futuro sostible

A organización presenta ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico as súas propostas para o futuro para lograr unha “xestión sostible de materias primas minerais”.

Repróches cruzados copan a sesión do Parlamento de Galicia no 'Día contra a violencia de xénero'
A sesión de control no Parlamento de Galicia, que este mércores coincidiu no 25 de novembro, data na que se conmemora o Día Internacional contra a violencia machista, saldouse cun bronco debate no que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, censurou que os socialistas traten de "apropiarse" da loita contra este tipo de violencia mentres "negan o compromiso" e as políticas doutras forzas como o PP.
A Xunta blinda a biblioteca de Pardo Bazán coa apertura do expediente para declarala BIC
O inicio do procedemento, como recolle o DOG, afecta a uns 11.000 volumes, dos que case 3.000 están en Meirás
Senllos terremotos de baixa intensidade en Friol e Piñor cuns poucos minutos de diferenza
O Instituto Xeográfico Nacional detectou na tarde noite do martes dous movementos sísmicos de baixa intensidade que afectaron Friol (Lugo) e Piñor (Ourense) con 20 minutos de diferenza.
Galicia é a comunidade que menos protexe os seus bosques: só o 15% da súa superficie forestal está protexida
Só o 15% da superficie forestal galega está protexida, o que supón o peor dato entre comunidades, segundo figura no Anuario de Estatística Forestal 2018 publicado polo Ministerio de Agricultura.
Naturgy inaugura a primeira gasinera pública de gas natural licuado e comprimido de Galicia en Vilalba
Naturgy puxo en marcha en Vilalba (Lugo), na estación de servizo Vallibria de Martiñán, a primeira estación pública dual de gas natural licuado e gas natural comprimido (GNL/GNC) de Galicia.
Educación cometeu diversas "irregularidades" en materia de prevención laboral fronte a pandemia, di Inspección de Traballo
Cita para o 16 de decembro a Educación para que dea conta de correccións en cuestións como "incongruencias" sobre os EPI
​O Celta de Vigo proxecta unha tempada de perdas nas súas arcas e sen marxe en xaneiro

As contas do Celta de Vigo son claras: este cursos 2020-21 promete ser o primeiro cun números vermellos desde 2009.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE