​As Urxencias do CHUS colapsan varias veces en plena desescalada “por unha aplicación”, denuncia plataforma de pacientes

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS) denuncia que as urxencias do centro compostelán colapsaron os días 26 e 27 de novembro, 


|

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS) denuncia que as urxencias do centro compostelán colapsaron os días 26 e 27 de novembro e a mañá do xoves 3 de decembro. 


Desde a organización manifestan que este colapso provocou que moitas persoas que esperaban a ser atendidas vísense obrigadas a permanecer nos corredores.


Colapso chus

Colapso nas urxencias do CHUS o 27 de novembro | Foto: @PacientesC


Segundo o relato da plataforma, atendendo ao testemuño dos usuarios, o xoves 26 de novembro, produciuse un colapso nas urxencias do CHUS “estivo motivado pola posta en funcionamento dunha nova aplicación en fase de implantación, que provocou situacións de paralización no proceso de atención”.


Na mesma liña, sinalan que na mañá do venres 27 de novembro “produciuse unha caída do novo sistema, e os corredores de acceso volveron estar ocupados con pacientes en cadeiras de rodas e padiolas, a pesar de ter postos baleiros por non ter asignada dotación de persoal”.



“A XERENCIA PARECE NON DECATARSE”

“Parécenos unha irresponsabilidade que pon a saúde dos pacientes en perigo nun contexto de pandemia como o que estamos a vivir”, critican desde a organización.


Nese sentido, lembran que nas próximas datas, se se producen colapsos como os anteriores, estes poden ser aínda máis graves “coa epidemia da gripe”. A continuación, ven perigoso que se implante nestes momentos “unha nova aplicación que, como todas as innovacións, teñen unha fase de implantación”, xa que este proceso “afecta á normalidade do funcionamento e que neste caso afecta á atención e saúde das persoas”


A xerencia do CHUS parece non decatarse do que está a ocorrer e segue dando prioridade a decisións administrativas e organizativas sobre as asistenciais”, conclúen. Unha xerencia que, cabe destacar, leva meses no ollo do furacán polas denuncias dos traballadores, en especial os do servizo de UCI, que reclaman a modernización da área de coidados intensivos, algo que tamén denunciaron desde a plataforma de usuarios.

  




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE