"Reunión familiar" causa focos de covid e o peche perimetral de todo o municipio da Pobra do Brollón

O alcalde da Pobra do Brollón (Lugo), o nacionalista José Luís Maceda, destacou que os dez positivos por Covid-19 detectados neste municipio céntranse en dúas familias e dispararon a incidencia por encima de 500 casos por 100.000 habitantes.

|

En concellos pequenos bastan uns poucos positivos para superar a incidencia acumulada de 500 por 100.000 habitantes, o límite fixado polo SERGAS para impoñer o peche perimetral do municipio.


Xusto isto é o que pesará sobre A Pobra do Brollón esta semana, despois de dez positivos en dúas familias. 


O foco parece controlado, pero o SERGAS busca asintomáticos nun cribado masivo o venres.


Centro de Saude da Pobra de Brollón nunha imaxe de Google Street View


Centro de Saude da Pobra de Brollón nunha imaxe de Google Street View



O alcalde da Pobra do Brollón (Lugo), o nacionalista José Luís Maceda, destacou que os dez positivos por Covid-19 detectados neste municipio céntranse en dúas familias e dispararon a incidencia por encima de 500 casos por 100.000 habitantes.


DEZ POSITIVOS DESDE O DOMINGO

Segundo despréndese da análise dos datos do SERGAS,  o pasado domingo 28 de febreiro o municipio pasou de menos de 10 diagnósticos en dúas semanas a 10.


Desde o  domingo non saltou ningún diagnóstico máis na Pobra do Brollón, pois o total de positivos en dúas semanas no municipio segue en 10. Parece que, por tanto, os focos poden estar camiño de ser controlados.


Táboa positivos a pobra do brollu00f3n


Maceda admitiu que "a cifra non é agradable", para seguidamente confirmar que os contagios "prodúcense en dúas familias". "Co cal entendemos que non está a existir unha circulación vírica e fai que esta situación non preocupe tanto como indican as cifras", apostilou.

"Temos que lamentar o peche perimetral e espero que na próxima revisión que se faga volvamos a niveis menos restritivos se non se producen máis contagios. Nos últimos días non se produciu ningún contaxio e isto indica a esperanza de que pronto poderemos recuperar unha situación normal", sinalou.


CHAMAMENTO A CUMPRIR As NORMAS

O rexedor da Pobra do Brollón convidou aos seus veciños a "que sigan cumprindo coas normas, hai que esixir esa responsabilidade individual". "Hai que aprender a convivir con esta situación", abundou.

Así mesmo, José Luís Maceda precisou que no municipio "todo o mundo anda con máscaras, cúmprense as normas que recomendan as autoridades sanitarias, e é o que aprecio no día a día".


"Esta situación prodúcese en dúas familias e debeu ser por mor dunha reunión familiar"


"Esta situación prodúcese en dúas familias e debeu ser por mor dunha reunión familiar. Este tipo de positividade non está estendida polo concello e iso indica optimismo", reiterou.


CRIBADO ESTE VIENRES
Con respecto a este concello, o xerente da área sanitaria de Lugo, Ramón Ares, anunciou un cribado "entre poboación asintomática" o venres pola tarde e o sábado pola mañá, probas que se realizarán no centro de saúde.

Para iso, citouse por SMS, indicou, a "300 persoas, 150 o venres e outras tantas para o sábado", entre os veciños con idades comprendidas "entre 30 e 70 anos", concretou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE