Os contagios en Galicia seguen estabilizados mentres o número de hospitalizados cae a niveis de outubro

A situación en Galicia, segundo os datos do SERGAS, é de franca melloría no conxunto da comunidade. Coas altas á alza, os novos positivos estabilizados e o número de hospitalizados á baixa, a comunidade atópase nunha situación cómoda nestes momentos.


|

A situación en Galicia, segundo os datos do SERGAS, é de franca melloría no conxunto da comunidade. Coas altas á alza, os novos positivos estabilizados e o número de hospitalizados á baixa, a comunidade atópase nunha situación cómoda nestes momentos.


Con todo, a situación dalgunhas localidades como Boiro ou as comarcas do Salnés e A Costa da Morte obrigan ás autoridades sanitarias a insistir na necesidade de manter a garda alta. 



A comunidade experimenta hoxe outro día de descenso no número de casos activos, con 188 casos menos, unha cifra alta pero máis baixa que os 283 menos de onte, que foi a mellor xornada desd o 28 de novembro, día no que se superaron os 300 casos menos. 


O conxunto das áreas galegas rebaixa as súas cifras de casos activos, coa Coruña e Pontevedra encabezando a caída, con 42 e 40 casos menos respectivamente. Esta desescalada mantén o ritmo de descenso na media móbil semanal, cun ritmo do -2,4%



POSITIVIDADE EN DESCENSO

As PCR hoxe volven subir ata o 5.407 test, case 300 máis que onte. A positividade esta xornada é, con todo, máis alta, ata o 6,23%, o que tamén provoca que suba a positividade media ata o 5,28%. Galicia mantense así ao bordo do 5% que marca a OMS. 


si son menos en comparación co día anterior, aínda que é a terceira cifra máis alta da semana neste campo: 7.005. A positividade esta xornada é do 5,07%, ao bordo do 5% que marca a OMS. Esta melloría provoca que a media semanal tamén se achegue ao valor que marca a Organización Mundial da Saúde, cun 6,11% nestes momentos. 


A outra boa noticia é que a incidencia acumulada en 14 días cae por baixo dos 185 casos por 100.000 habitantes, mellorando así as cifras que tiña Galicia o 21 de outubro. Pasou máis de un mes desde que Galicia comezou esa escalada que a levou a un tope de 334 casos por 100.000 habitantes. A incidencia semanal é do 78,2%.



BAIXA A PRESIÓN HOSPITALARIA

Doutra banda, as cifras que non aumentan con respecto a onte son as altas médicas: 548, 53 menos que onte. Este descenso, con todo, non é especialmente preocupante, xa que vai acompañado á súa vez dun alivio na presión hospitalaria. Galicia conta con con 337 camas ocupadas por pacientes COVID, dez menos que onte. Hoxe hai 61 persoas nas UCI galegas.





Con todo, hai que lamentar unha decena de decesos nas últimas 24 horas. En Galicia faleceron 1.246 persoas a causa do coronavirus desde o inicio da pandemia segundo as cifras oficiais. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE